A USC acolle un encontro sobre os avances dos últimos 25 anos da estatística en Galicia

Desde que a finais dos anos 80 se organizaran na USC distintos seminarios locais de Inferencia non Paramétrica liderados polo profesor Wenceslao González Manteiga, a evolución metodolóxica da estatística co entorno de aplicacións aos distintos ámbitos (ciencias da saúde, finanzas, enerxía ou computación) foi moi frutífera.

Máis adiante, estes seminarios, xa de calado internacional, tiveron lugar nas tres universidades galegas organizados por doutores en Estatística que se formaron baixo a dirección ou co dirección do profesor González, e que destacan con desenvolvementos notables de transferencia da metodoloxía ao sector produtivo.

Publicidade

Con motivo do 60 aniversario do profesor Wenceslao González, director ata a actualidade de 30 teses doutorais, o Departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC organiza a comezos de xuño un seminario no que se mostrarán os avances que se deron ao longo destes anos nos diferentes grupos de investigación de estatística en Galicia, que se complementarán cos de investigadores de fóra que colaboraron activamente cos galegos.

Para asistir a este encontro os días 8 e 9 de xuño en Matemáticas é necesario inscribirse de maneira gratuíta antes do 31 de maio na páxina web.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Aprendizaxe mecánica, falta de recursos e presión familiar: as claves da caída galega no informe PISA

A profesora da UDC Montserrat Castro considera que as metodoloxías empregadas fomentan unha lectura instrumentalista en vez dunha comprensiva

Matemáticos de Santiago e Lausana resolven un problema de xeometría aberto dende hai 60 anos

Dous investigadores acaban de construír as primeiras ‘xeometrías de Einstein’ non homoxéneas sobre un dos espazos máis fundamentais das matemáticas, os espazos proxectivos complexos

Estatística a punta de balón: así calcula un investigador galego a probabilidade de vitoria no Mundial

A análise sinala que España tiña un 90% de posibilidades de vencer contra Arabia Saudita, e un 85% contra Cabo Verde

Por que algúns nenos teñen problemas coas matemáticas?

Investigadores detectan que certas habilidades cognitivas e de planificación inflúen no rendimiento académico infantil