A Universidade de Santiago mantense no ránking QS World das máis importantes do mundo

A Universidade de Santiago mantense no ránking QS World das máis importantes do mundo

A USC mantense un ano máis no grupo das universidades españolas destacado na edición 2015-2016 do QS World University Rankings. A institución compostelá sitúase no intervalo 551-600 e como a décimo terceira universidade española, empatada coa de Salamanca. Este ránking recolle para a súa elaboración 121.000 respostas a enquisas, tomando en consideración máis de 3.500 universidades, das que finalmente se destacan preto de 900 institucións de todo o mundo. Xa en ámbitos temáticos concretos, a Universidade compostelá ascende ao intervelo 201-250 en Linguas Modernas, ao 251-300 en Lingua e Literatura Inglesa e en Estudos Ambientais, e ao 301-400 en Matemáticas e en Medicina.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía