A Universidade de Santiago adhírese á Carta Europea do Investigador

A USC acaba de adherirse á iniciativa HRS4R (Human Resources for Research), unha proposta da Comisión Europea para impulsar nas institucións de investigación a aplicación da Carta Europea do Investigador e do Código de Conduta para a Contratación  de Investigadores. Estes documentos fixan criterios e recomendacións de carácter voluntario para a xestión dos recursos humanos no eido científico fixando os papeis, responsabilidades e dereitos dos investigadores e provedores de fondos.

Logo desta ahdesión, a Universidade de Santiago está a traballar agora na obtención do selo de calidade HR Excellence in Research (Excelencia en Recursos Humanos de Investigación) co que a Comisión Europea identifica as institucións que contan con plans de actuación específicos neste eido. O obxectivo destes plans son desenvolver estratexias dirixidas á xeración dunha contorna estimulante e favorable na actividade cotiá dos investigadores, con especial atención a cuestións como os procesos de contratación, os dereitos laborais ou as posibilidade de conciliación da vida profesional e persoal, entre outros.

Publicidade

Nas institucións dotadas do selo HR, o persoal investigador traballará nunha organización que recoñeza e fortaleza os seus dereitos como profesional, que valore a súa experiencia noutras institucións nacionais e internacionais e que facilita a conciliación da súa vida persoal e laboral, entre outras consideracións. En España unha vintena de Universidades e un cento de institucións de investigacións xa teñen formalizado esta adhesión á iniciativa HRS4R, aínda que unicamente catro universidades e 44 organizacións investigadoras teñen acadado o logo HR. Para logralo, a USC está a realizar unha análise interna na que a implicación de toda a comunidade investigadora resulta fundamental.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía