Xoves 28 Marzo 2024

A Obra Social ‘la Caixa’ súmase ao programa de Mentoring para discapacitados na USC

O proxecto Mentoring Inclusivo deseñouse para poñer en contacto estudantado de máster e último ano de grao que teñan acreditada a súa condición de discapacidade con directivos de empresa e profesionais co fin de que poidan orientalos e apoialos na busca de emprego e no desenvolvemento da súa carreira profesional. A convocatoria comezou este curso coa participación de catro alumnos dos graos de Lingua e literatura españolas, Filosofía e Xornalismo e do Máster de Profesorado.

Para o desenvolvemento desta iniciativa, a USC conta coa colaboración de Obra Social ‘la Caixa’ que achega 30.000 euros para o desenvolvemento deste programa ao longo de todo o curso académico. O reitor Juan Viaño e o director territorial de CaixaBank en Galicia, Marc Arthur Benhamou, mantiveron unha xuntanza para coñecer o grao de desenvolvemento desta liña de colaboración.

Publicidade

Trátase de favorecer o acceso ó emprego de estudantes con discapacidade

Aos primeiros alumnos e alumnas que manifestaron a súa vontade de participar nesta primeira edición, o Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC púxoos en contacto con empresas do grupo de economía social da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). O obxectivo é ofrecerlle ao alumnado a posibilidade de contar cos xestores deste grupo empresarial en calidade de asesores.

A USC deseñou un programa que orientado a favorecer a empregabilidade de futuros/as graduados con discapacidade e, deste xeito axudar á súa inclusión laboral. Neste senso, a USC ten como obxectivos fundacionais o respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e inclusión de estudantes con necesidades educativas especiais, así como promover a formación integral da comunidade universitaria mediante actividades de formación activa e a empregabilidade.

A Obra Social ‘la Caixa’ mantén a promoción da contratación de colectivos vulnerables como unha das súas principais liñas de actuación. Traballa neste eido a través de programación propia pero tamén presta a súa colaboración aos que levan a cabo institucións como a USC co programa de Mentoring Inclusivo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s

Unha tese galega demostra a viabilidade de reutilizar restos vinícolas e pesqueiros no país

Antonio Cortés avaliou a sustentabilidade das estratexias de valorización de residuos orgánicos, alén de estudar a ecoeficiencia dos procesos