A imaxe da prostitución nos medios, nun simposio internacional en Santiago

Este xoves 3 e o venres 4 un simposio internacional debate na Facultade de Ciencias da Comunicación sobre a representación nos medios de comunicación de cuestións relacionadas coa prostitución. Co lema ‘Comunicación e Xénero. Prostitución e prostitucións simbólicas nos medios’, o evento reúne investigadores, activistas sociais e institucións públicas e está organizado polo grupo de investigación Cidadanía e Comunicación (CIDACOM) da USC.

A través de sesións abertas ao público, este simposio xorde do proxecto de investigación Promediar (Prostitución e Medios de Comunicación), e pretende ser un foro de debate para todos aqueles investigadores e investigadoras que traballan na relación entre comunicación e xénero. Aínda que o tema central será a prostitución e as prostitucións simbólicas, tamén abordaranse propostas de diferentes ámbitos temáticos relacionados coa análise feminista dos medios.

Publicidade

Promediar é un proxecto de investigación sobre prostitución e medios

A conferencia inaugural terá lugar este xoves ás 9.00 horas na Aula 0 da Facultade, e correrá a cargo da investigadora Isabel Menéndez da Universidade de Burgos. A través de oito paneis de comunicacións, investigadores de todo o planeta abordarán os estudos de xénero e a análise da prostitución a través de diversas ópticas, dende o dereito ata a comunicación, pasando polas novas tecnoloxías, as artes, a violencia machista ou os estudos feministas. Así mesmo, celebraranse dúas mesas redondas, unha sobre persoas que exercen a prostitución e tecido cívico, o xoves 3 ás 19.00 horas, e outra sobre políticas públicas sobre prostitución e xénero, o venres 4 a partir das 10.45 horas, na que participarán, entre outras persoas, a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia,  Susana López Abella, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

O proxecto de investigación Promediar foi seleccionado na convocatoria estatal de proxectos do ano 2012 polo Ministerio de Sanidade, Servizos sociais e Igualdade, a través do Instituto da Muller. No mesmo participan investigadores de diversas universidades españolas e internacionais.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía