Venres 29 Marzo 2024

A riqueza das pradarías submarinas de San Simón

Ao longo das costas de latitudes temperás, as fanerógamas mariñas, plantas que presentan flores, forman extensos hábitats capaces de albergar gran riqueza e diveresidade faunística. Estes ecosistemas son dunha enorme importancia para a conservación ambiental pero tamén son moi fráxiles. A seba (Cymodocea nodosa) é unha especie de fanerógama mariña e os fondos nos que abundan, coñecidos como sebadais, atópanse entre os hábitats máis ameazados do planeta. A súa importancia reflíctese no informe Blue Carbon: The role od healthy oceans on binding carbon, elaborado pola Nacións Unidas que destaca que as praderías de fanerógamas mariñas teñen un papel destacado no secuestro de carbono da atmosfera, o que as dota dun papel importante para combater as causas do cambio climático.

Loreto Gestoso (segunda pola esquerda) xunto ao tribunal de tese.
Loreto Gestoso (segunda pola esquerda) xunto ao tribunal de tese.

Por estes motivos, os científicos teñen especial interese en estudar a fauna macrobentónica e o outras características ecolóxicas das fanerógamas mariñas. Neste contexto encádrase a tese de doutoramento de Loreto Gestoso, que se centra na poboacións macrobentónicas que viven nas praderías de zostera mariña, especie de planta acuática, concentrando os traballos na enseada de San Simón. “O meu obxectivo”, explica a investigadora, é “o estudo da dinámica temporal da macrofauna bentónica asociada a unha pradería de zostera mariña” para determinar cales son os patróns que seguen as poboacións ao longo das estacións, cales son os factores físico-químicos que condicionan eses patróns e para coñecer se existe algún patrón de distribución da fauna atopada considerando as fraccións interior (que inclúe o sedimento, raíces e rizoma) e a superior (que inclúe folla de zostera mariña). Ademais, o estudo tamén tratou de constatar se existe algunha diferenza entre as especies atopadas nunha e noutra fracción, pero sempre en período diúrno, “xa que non temos datos sobre o comportamento circadiano destas especies”.

Os fondos mariños de San Simón sosteñen unha fauna ‘rica e diversa’

Para realización do seu estudo, Gestoso realizou mostraxes bimensuais dende maio de 2000 ata marzo de 2002 para realizar posteriormente o traballo de laboratorio, que consistiu na identificación das especies atopadas e o rexistro das súas densidades ao longo do período estudado. A investigadora tamén rexistrou datos morfolóxicos e fisiolóxicos da plantas de zostera mariña recollidas. Posteriormente, explica, “os datos rexistrados foron analizados a través dunha serie de test estatísticos multivariantes”.

A tese doutoral sobre os fondos mariños de San Simón.
A tese doutoral sobre os fondos mariños de San Simón.

O froito de todo este traballo deixou varias conclusións que permiten a Loreto Gestoso afirmar que o fondo de zostera mariña estudado soporta unha comunidade macrofaunística rica e diversificada, e a súa dinámica vese influída en gran medida por variacións de condutividade e, por tanto, de salinidade, debido a achegas de auga doce producidas nos meses invernais. Ademais, o estudo conclúe que as flutuacións na abundancia e na riqueza específica das poboacións amosan un patrón estacional e reafirman a importancia dos factores ambientais non relacionados coa planta.
A investigadora determinou tamén que existen diferenzas significativas entre a fauna que habita a folla e a que se atopa no rizoma e sedimento. “Na folla concéntrase unha maior abundancia de exemplares pero sobre todo de especies de anfípodos”. Mentres, a fracción rizoma-sedimento caracterízase por ter unha maior diversidade de taxóns aínda que menor abundancia. “Os herbívoros e ramoneadores (que se alimentan de follas e ramas) son de grande importancia nos ecosistemas de fanerógamas mariñas, concentrando a súa presenza nas follas”.

Publicidade

1 comentario

  1. A sebas que hai nestas latitudes son “Zostera marina” e “Zostera noltii”. Polo tanto, que eu saiba, non hai “Cymodocea nodosa” e a “Zostera marina” ten coma nome común seba.
    Aproveito para felicitar a L. Gestoso pola súa tese que espero serva para poñer en valor estes ecosistemas tan esquecidos pero fundamentais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo identifica na ría de Vigo patóxenos cun impacto “crucial” para a acuicultura e a biodiversidade mariña

Os investigadores atoparon bacterias, organismos eucariotas, especies invasoras e os cambios estacionais de abundancia

A temperatura da ría de Vigo foi estable ata 2020: estamos ante un cambio brusco de ciclo?

Un equipo do IEO recoñece que está sendo un "verán atípico" e con valores moi altos nas Rías Baixas, pese á tendencia dos últimos 30 anos
00:01:01

A dramática escena dunha nai delfín que nada xunto a súa cría morta na ría de Vigo

O pequeno arroaz apareceu posteriormente varado na enseada de Cangas e foi retirado para a realización dunha necropsia

As baleas déixanse ver nas costas galegas: avistado un rorcual alibranco en Cangas

Os expertos explican que os xigantes do océano navegan nas augas de Galicia todo o ano, aínda que agora se concentren máis para alimentarse