O eucalipto xa ocupa medio millón de hectáreas en Galicia

O eucalipto xa ocupa medio millón de hectáreas en Galicia. O que supón o 17 por cento do territorio galego. E unha decisión política moi próxima convida a reflexionar sobre o futuro desta especie forestal. Porque Portugal vén de aprobar a chamada ‘reforma da floresta’, un conxunto de 12 medidas para atallar a praga dos incendios forestais no país e para racionalizar as fragas do territorio. As plantacións de eucalipto estarán prohibidas ou restrinxidas ata o vindeiro ano 2030. E o eucalipto en Portugal, aínda que moi abundante, só ocupa o 9 por cento do territorio. Oito puntos por baixo de Galicia. O dobre en termos porcentuais.

eucalipto galicia 5

Ante esta situación, a asociación ecoloxista Adega pediu onte á Xunta a mesma moratoria que en Portugal, considerando que se está a apostar por unha “produción de madeira con pouco valor engadido, pola biomasa forestal e os cultivos enerxéticos e inhibíndose fronte á presión das novas especies que como o Eucaliptus nitens, que están xa a ocupar áreas anteriormente vetadas ao E. globulus”.

Adega afirma que o Eucaliptus nitens, especie que pola súa resistencia ao frío está a ocupar territorios antes vetados ao E. globulus, é unha especie exótica en expansión, con alto risco de invasión e perigosa para a biodiversidade e a funcionalidade dos ecosistemas”, como resolveu o Comité científico do Ministerio español do ambiente.

Adega pide cando menos unha ‘ecotaxa’ para o cultivo de eucalipto en Galicia

O Eucaliptus nitens non está formalmente rexistrado no catálogo estatal de especies exóticas e invasoras, pero Adega afirma que  non hai dúbida de que o é. Por esta razón pide o mesmo trato que ás demáis especies invasoras, entre as que mencionan o caranguexo, o visón americano ou a herba da Pampa, etc.. “Tanto o Estado como a Xunta deberían prohibir a plantación, trafego e aproveitamento desta especie para preservar a integridade do noso patrimonio natural”, argumenta Adega.

“O aproveitamento intensivo do eucalipto comporta o deterioro de servizos ecosistémicos que como a diversidade natural, a dispoñibilidade de auga, a fertilidade do solo, ou a calidade paisaxística, son importantes para a vida e o mantemento das actividades económicas da nosa sociedade”, afirma Adega nun comunicado.

A asociación recorda que os eucaliptais inciden tamén na maior frecuencia e intensidade dos lumes, ademáis de “na contaminación de terras e rías con agroquímicos e subprodutos das celulosas; no empobrecemento da biodiversidade e no avanzo da erosión, provocando perdas económicas directas e fosilizando importantes cantidades de recursos públicos (o PLADIGA -plano de loita contra o lume- custa anualmente uns 100 millóns de €)”.

Por iso piden que, como acontece coas “ecotaxas“, se cree un imposto que contribúa a reverter en parte as perdas que a súa explotación comporta á sociedade”.

3 COMENTÁRIOS

  1. O EUCALIPTO NITENS NON REBROTA NIN DE CEPA NIN RAIZ, POR NON FALAR DE QUE XAMÁIS VIN NACER UN EUCALIPTO DE ESTA ESPECIE DE SEMENTE FÒRA DE UN VIVEIRO!, XA POR NON MENCIONAR QUE GRACIAS A ÉL O RURAL ESTA SUBSISTINDO ANTE A CRISE QUE VIVIMOS ACTUALMENTE.
    QUÉN TILDE ESTA ESPECIE EN CONCRETO, DE INVASORA CHEGANDO A COMPARALA COA HERBA DA PAMPA, CARANGUEXOS E DEMÁIS… O ÚNICO QUE DEMOSTRA É UNHA TREMENDA IGNORANCIA SOBRE A MATERIA SOBRE A QUE SE ESTÁ OPINANDO.

  2. Ambosores es el lugar,este corrector Google haciendo de las suyas,Muras,Ourol son los ayuntamientos,dónde nacen los ríos los plantan pegados al cauce, atraviesan los ríos con las máquinas etc, recuerdo que el río Sor es el que nos queda en Galicia sin contaminar con residuos,fábricas etc

  3. En el río Sor,en la zona de Ambos presupuestos están haciendo barbaridades en sitios de fragas con los eucaliptos nitens,la cuenta lo sabe y no hacen nada,ayuuuda

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vivir con vertixe persistente: “É horrible. Tiña moitos mareos, vómitos e caín varias veces”

Fina Barcia leva 15 anos sen sufrir a doenza que afecta a 2.000 galegos ao ano e para a que se están a probar novas terapias

A impactante imaxe dun arroaz cunha enorme cicatriz causada por unha hélice

A asociación Bottlenose Dolphin Research Institute vén de publicar unha imaxe dun animal mariño con catro cortes curados nun costado

Preocupación polos varamentos en Galicia: “A toniña podería extinguirse en 20 anos”

O CEMMA alerta do crecemento exponencial nos últimos anos de animais mariños que chegan ás costas galegas mortos ou en mal estado

Un proxecto da UVigo avanza nunha tecnoloxía máis intelixente para protexer a saúde humana

Un equipo atlanTTic desenvolve unha nova xeración de dispositivos máis sensorizados que poidan adaptarse mellor ás persoas para unha relación "máis natural"