Un libro recolle as propiedades terapéuticas das augas minerais de Galicia

Vademécum das augas mineromedicinais de Galicia acaba de saír á luz da man da Cátedra de Hidroloxía Médica da USC e da Asociación de Balnearios de Galicia. A obra pon a disposición do persoal médico información sobre as principais indicacións terapéuticas actuais das augas dos balnearios galegos, así como as súas contraindicacións, procedementos de aplicación e a súa dispoñibilidade nos diferentes centros termais da comunidade.

O libro consta de dúas partes: na primeira estúdase a importancia terapéutica das augas mineromedicinais, a súa clasificación e mecanismos de accións, indicacións, contraindicacións e vías e técnicas de administración, xunto a normativa legal que afecta ao sector; a segunda recolle información de cada un dos 21 balnearios de Galicia e das envasadoras de augas minerais naturais de Cabreiroá e Fontecelta.

Publicidade

Dos balnearios recóllese información sobre a composición, tipo de propiedades terapéuticas das augas; principais indicacións terapéuticas, técnicas de aplicación e perfil de pacientes atendidos; sobre a dirección médica, períodos de actividade, instalacións hoteleiras e como contactar, xunto a un pequeno resumo da súa historia.

Presentación do libro Vademécum das augas mineromedicinais de Galicia Foto: USC
Presentación do libro Vademécum das augas mineromedicinais de Galicia
Foto: USC

O reitor Juan Viaño asegura que este libro dá un paso importante na confirmación e recoñecemento do traballo que están a facer as empresas que se dedican en Galicia ao termalismo. Ademáis dí que a obra “destaca pola análise técnica da calidade das augas e do termalismo en xeral, grazas ás achegas de oito investigadores de recoñecido prestixio que dedican todo o seu talento a estudar os beneficios das augas mineromedicinais”.

Publicidade

Para a elaboración desta obra contouse coa colaboración do profesor Francisco Maraver e dos seus colaboradores da Escola Profesional de Hidroloxía Médica e Hidroterapia da Facultade de Medicina da Universidade Complutense de Madrid, Francisco Armijo, Icíar Vázquez, José Manuel Ejeda e Ana Isabel Martín; a catedrática de Hidroloxía Médica da Universidade da Coruña, Rosa Meijide; e do Laboratorio de Física Médica da Facultade de Medicina da Universidade de Cantabria, Carmen Ródenas.

Os balnearios dos que un se pode informar son de toda Galicia. Na provincia de A Coruña atópanse o de Carballo e o de Compostela (Brión). En Lugo están o de Guitiriz, as Termas Romanas de Lugo, Augas Santas (Pantón) e Río Pambre (Palas de Rei). En Ourense os de Arnoia, Baños de Molgas, Laias (Cenlle), Lobios, O Carballiño e Caldas de Partovia (os dous no Carballiño) e Cortegada. E na provincia de Pontevedra atópanse os de Acuña e Dávila (os dous en Caldas de Reis), Termas de Cuntis, Baños de Brea (Vila de Cruces), Caldelas de Tui, Hotel Balneario Isla de La Toja, Gran Hotel La Toja e o Balneario de Mondariz.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Auxe e expansión dos balnearios galegos: como era o turismo termal entre os séculos XIX e XX?

Entre as causas do declive das casas de baños están que as instalacións quedaron anticuadas e a chegada dos antibióticos, que puxo en dúbida as súas propiedades medicinais

A fertilidade feminina diminúe coa idade: un 15% en tan só quince años

O CiMUS da USC participa nunha curtametraxe divulgativa que combina ciencia e danza para explicar os efectos de pospor a maternidade

Físicos advirten dun erro no estudo que vinculaba o cambio de hora con graves riscos para a saúde

Os físicos Jorge Mira e José María Martín Olalla detectan unha localización incorrecta dos condados analizados, o que altera os resultados sobre o desfase circadiano

Detrás do desabastecemento de fármacos para a menopausa: “Normalizouse ter síntomas terribles”

As xinecólogas galegas Cristina González Cea e Marta Silva analizan a situación, a causa da escaseza e as consecuencias para as pacientes