O que nos pode ensinar sobre a evolución o elefante anano que viviu en Sicilia

Un estudo aborda como era a vida deste mamífero, que apenas acadaba o metro de altura e vivía unha media de 68 anos

As illas son uns laboratorios naturais excepcionais para o estudo da evolución. O illamento xeográfico dificulta as migracións das especies, a limitación do espazo físico a miúdo impide a presenza de depredadores (que requiren grandes extensións de terreo para cazar) e a limitación dos recursos alimenticios dos ecosistemas insulares, configuran uns patróns evolutivos comúns nas faunas que viven nelas.

Un destes fenómenos é o ananismo ou o xigantismo. Así, nas áreas insulares adoitan observarse especies máis grandes ou máis pequenas que as súas homólogas continentais, especialmente en canto a mamíferos e dinosauros.

Publicidade

O “efecto illa”

A mediados do século XIX, Charles Darwin e Alfred Wallace xa se interesaron por este fenómeno nas súas viaxes por varias illas do mundo, de onde obtiveron evidencias que posteriormente lles permitirían propoñer a Teoría da Evolución. En 1973, baseándose nos traballos anteriores de Foster, o biólogo evolutivo Leigh Van Valen acuñou o termo “island rule” (a miúdo traducida como ‘lei insular’ ou ‘efecto illa’) que constataba a tendencia ao xigantismo ou ao ananismo das especies que evolucionaban nas illas.

Unha das especies emblemáticas desta ‘efecto illa’ é o elefante anano de Sicilia, Palaeoloxodon falconeri. Trátase dunha especie extremadamente pequena en comparación coas especies de elefantes actuais, medía aproximadamente un metro de altura e tiña un peso duns 250 quilos. Viviu en Sicilia durante o Pleistoceno, entre 500.000 e 200.000 anos antes de agora, e coñécese polos restos fósiles que se atoparon en distintos xacementos da illa. P. falconeri é un descendente da especie continental P. antiquus, de tamaño moito maior (ata cinco metros de altura na cruz e 5 toneladas de peso).

Publicidade

Agora, un artigo publicado en Scientific Reports liderado por persoal investigador do Institut Català de Paleontologia Miquel Crusafont (ICP), centro adscrito á Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), en colaboración con distintas institucións internacionais de investigación describe as características da historia vital (ou ‘life history’, que é o termo habitualmente utilizado) desta especie. Este concepto fai referencia ás características dos distintos eventos que suceden durante o ciclo vital dun animal, como a súa taxa de crecemento, a idade de madurez sexual ou a lonxevidade. O estudo conclúe que o elefante anano de Sicilia crecía a un ritmo moi lento, alcanzaba a madurez sexual ao redor dos 15 anos e tiña unha esperanza de vida longa, de polo menos 68 anos.

“Tradicionalmente considerouse que esta especie tiña un desenvolvemento rápido, que chegaba precozmente á madurez sexual e tiña unha vida curta”, explica Meike Köhler, investigadora do ICP e profesora ICREA que lidera a investigación. “O noso traballo demostra que a historia vital deste elefante era moito máis lenta”, conclúe.

O equipo de investigación analizou a paleohistoloxía ―a estrutura interna dos fósiles― de molares e defensas (o que popularmente chamamos ‘cabeiros’) desta especie. “Os distintos eventos do ciclo vital dun organismo quedan rexistrados nos seus ósos, como o que sucede coas argolas de crecemento que observamos nos troncos das árbores”, explica Köhler. Os fósiles córtanse en láminas delgadas dun grosor aproximado de 0,1 mm e analízanse baixo o microscopio as liñas de paradas de crecemento ou LAGs (acrónimo en inglés de ‘Lines of Arrested Growth’) que permiten identificar os períodos de crecemento e latencia do animal.  

De forma xeral, as especies continentais pequenas tenden a ter historias vitais máis aceleradas: crecen rápido, reprodúcense temperán e morren novos. “Pero nas illas ocorre todo o contrario”, explica o coautor da investigación Salvador Moyà, investigador do ICP e profesor ICREA. A diferenza do que ocorre nos continentes, o cambio de tamaño corporal das especies que viven nas illas non está asociado a unha historia vital máis rápida. “Comprobamos que o elefante anano de Sicilia tiña unha historia vital moito máis lenta que a súa taxón irmán P. antiquus e que o enorme elefante africano de sabana”, di Moyà. “O ritmo lento deste animal é a clave da súa lonxevidade. Quizais os humanos poderiamos aprender algo de eles!”, chancea Moyà.


ReferenciaPalaeohistology reveals a slow pace of life for the dwarfed Sicilian elephant (Publicado en Scientific Reports).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que os peixes non teñen pelo?

Os peixes non teñen pelo porque evolucionaron na agua, onde as escamas e a pel lisa son máis útiles para moverse e sobrevivir. Por Antonio Figueras

O que os dentes nos ensinan sobre a evolución da vida acuática

Un percorrido pola sorprendente diversidade de estruturas orais que impulsaron adaptacións únicas nos animais acuáticos

Por que as mulleres viven máis que os homes: un enigma con raíces evolutivas

Un estudo internacional revela que a diferenza na esperanza de vida entre sexos está marcada pola selección sexual, o coidado parental e a xenética

A pataca xurdiu a partir dun devanceiro do tomate fai 9 millóns de anos

Un novo estudo descubre que un evento evolutivo pouco común está detrás da enigmática orixe da pataca a través da hibridación natural