Nace un proxecto para xestionar o cabalo galego de monte con drones e GPS

A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, a Universidade da Coruña, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e a empresa 3eData, nacida ao abeiro do Campus Terra da USC, están poñendo en marcha un proxecto destinado a mellorar a xestión do cabalo bravo de monte desde varias perspectivas.

A iniciativa baséase en dúas liñas de acción. Por unha banda, a nivel tecnolóxico, búscase facilitar o manexo do cabalo, minimizar os problemas e ampliar o coñecemento sobre o uso dos cabalos como ferramenta de xestión forestal. Por outro lado, desde o punto de vista divulgativo, tamén se pretende mellorar a visión que a sociedade ten desta actividade.

Publicidade

O proxecto terá dúas liñas de acción, a nivel tecnolóxico e divulgativo

Para desenvolver este traballos, empregaranse novas tecnoloxías, como o marcaxe dos cabalos con GPS e o uso de drones para localizar os equinos nas zonas máis remotas e inaccesibles, amais de peches que eviten os problemas de tráfico causados pola súa proximidade ás estradas.

Outro dos obxectivos, a nivel social, é a redución dos conflitos entre os besteiros e os propietarios forestais e a diminución do risco de incendios a través da redución da biomasa, empregando os cabalos. Segundo sinalan os impulsores da iniciativa, os resultados repercutirán directamente sobre a poboación de cabalos de Sabucedo, pero tamén “serán de gran interese para besteiros en todas as zonas de Galicia en que se atopan estas poboacións de cabalos bravos”.

A iniciativa está financiada pola Xunta de Galicia e os fondos Feader

A idea xurdiu en xuño de 2017, cando a asociación que organiza a coñecida rapa constituíu un grupo de innovación grazas a unha axuda da Xunta de Galicia destinada á “creación de grupos operativos de innovación da Asociación Europea de Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola e forestal”. O obxectivo era conformar un grupo destinado a identificar e analizar os problemas aos que se enfronta o cabalo bravos nos montes galegos e o seu manexo tradicional, para así atopar solucións a estes inconvenientes. Ademais, o proxecto conseguiu financiamento na convocatoria de “axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI)”, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Amais da Asociación Rapa das Bestas, a UDC, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e a empresa 3eData, participan na iniciativa varias entidades públicas e privadas, como as asociacións de besteiros de Sabucedo, A Groba (Baiona) e Carballo (Friol), centros de investigacións como o Centro Tecnolóxico da Carne, asociacións que desenvolven iniciativas de promoción e asesoramento a produtores de equino, como Puraga, entidades conservacionistas como a Asociación Galega de Custodia do Territorio, e institucións con experiencia no eido cultural e antropolóxico destas celebracións, como o Instituto de Estudos Miñoráns.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Podcast | Tecnoloxía adolescente ao servizo das persoas con parálise cerebral

O programa Talentos Inclusivos, unha iniciativa do CITIC en colaboración con ASPACE, protagoniza o segundo episodio de O Descodificador

Un cento de persoas participan na Domus nun congreso científico para estudantes

Os catro gañadores do evento poderán gozar dunha estancia de dúas semanas xunto a grupos de investigación da UDC

Un equipo da UDC analiza con láser a contaminación das pontes de Praga

Unha alumna procedente da República Checa realiza a súa tese na institución galega con vistas a futuros procesos de restauración

Un equipo da UDC patenta un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores do CITENI crean unha tecnoloxía non invasiva e de baixo custo para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas da columna