A lura xigante capturada o marte en Asturias polo arrastreiro Minchos Sexto, de Viveiro
A lura xigante capturada o martes en Asturias polo arrastreiro Minchos Sexto, de Viveiro /Juanjo Arrojo

A lura xigante prefire o norte

Os  150 quilos e 10 metros de longo dunha lura xigante acabaron o pasado martes nas redes do arrastreiro Minchos Sexto, un barco de Celeiro (Viveiro) que faenaba a 12 millas de Villaviciosa (Asturias) cando deu co cefalópodo, unha das especies mariñas máis fabuladas e intrigantes  do planeta.  Os científicos chámanlle á especie Architeuthis dux e o exemplar capturado accidentalmente polo buque galego non é precisamente dos pequenos: os máis grandes poden chegar a pesar 250 quilos pero non é frecuente atopalos nin sequera de 100.

Non é a primeira vez que o Minchos Sexto captura por accidente un exemplar destas características
Non é a primeira vez que o Minchos Sexto captura por accidente un exemplar destas características

O que non é casualidade é o lugar do apresamento. En España, a maioría das luras xigantes que abandonan as profundidades mariñas violentadas pola pesca fano no Cantábrico asturiano, como a do pasado martes en Villaviciosa, na Mariña de Lugo e na franxa norte da provincia da Coruña. Desta última zona, da chamada Fosa de Hércules, proveñen tres exemplares hoxe custodiados no Parque de la Vida de Luarca, herdeiro do Museo del Calamar Gigante do Cepesma da mesma vila asturiana, que o ano pasado foi arrasado por un temporal que arruinou outros catro exemplares do enorme cefalópodo. En Foz, na costa de Lugo, tamén se ten localizado algún exemplar. Curiosamente, non é a primeira vez que o Minchos Sexto leva unha sorpresa deste tipo. En 2010 xa atrapou a outro exemplar do mesmo xénero e oito metros de lonxitude, neste caso en augas galegas, na Foxa de Hércules.
“O Cantábrico é un dos puntos con máis luras xigantes do planeta xunto a Xapón e Kaikoura, en Nova Zelanda do Sur. A temperatura da auga inflúe, e é parecida no Cantábrico e en Noza Zelanda, nas nosas antípodas absolutas. Tamén temos algas moi semellantes, é unha zona de grandes laminarias e grandes profundidades de 1.000 ou 1.500 metros con condicións semellantes”, apunta Luis Laria, científico do Cepesma e do Parque de la Vida de Luarca e gran coñecedor da especie. Parece ser que un dos grandes atractivos do Cantábrico é a elevada presenza de lirios, peixe básico na súa alimentación, aínda que tamén aprezan os crustáceos e mesmo outros cefalópodos. Dende Galicia o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC) tamén estudou este gran invertebrado.
O seu alimento básico no Cantábrico son os lirios, aínda que tamén comen crustáceos e outros cefalópodos

No que refire á lura xigante a ex ción é a que manda. Deste exemplar vivo só se teñen apenas uns segundos gravados por en Xapón hai dous anos; todo o que a comunidade científica sabe delas é a partir de necroses, é dicir, dos exemplares mortos que chegan á costa presos en artes de pesca como o palangre de fondo e as redes de arrastre, ou varados. Até Luis Laria chegou tamén o calamar xigante capturado o martes, do xénero Architeuthis, “o mesmo que aparece nas Vinte mil leguas de viaxe submarina de Julio Verne”, apostilla. Non é unha simple anécdota, porque este conservacionista asturiano ten que responder a miúdo que o calamar xigante existe, que non é soamente un animal mitolóxico, nin un fósil nin unha invención do máis universal novelista de aventuras e ciencia ficción. Explica Laria que no Cantábrico hai outra especie ademais do  Architeuthis dux; trátase do Taningiana dae, coñecido popularmente como choupón, como o apresado en 2013 nas costas de Bares (Mañón, A Coruña), tamén nas redes dun arrastreiro.
“Hoxe sabemos moito máis deles, pero non no seu hábitat natural. Temos a información que nos proporcionan os seus cadáveres a través de estudos anatómicos, alimentarios ou xenéticos. Varias institucións e nós mesmos intentamos gravalos e foinos imposible. No caso de Xapón filmáronse só uns segundos”, contrapón Laria.
No antigo Museo del Calamar fíxeronse nos últimos anos 25 necropsias dun animal que a mitoloxía nórdica chama kraken pero que nas vilas costeiras asturianas, contou nalgún ocasión o científico do CSIC Ángel Guerra, chaman peludín, un nome local que dá idea da relativa frecuencia coa que este tipo de luras emerxen á superficie e tamén da forma na que o fan. Chámanas así porque o contacto do corpo morto do cefalópodo coa area, cando quedan varados, ou coas redes dos arrastreiros, lles destroza a pel.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.