Os premios Prismas celebraron o seu trixésimo aniversario

A Casa do Concello da Coruña, en María Pita, acolleu o pasado sábado a entrega da 30ª edición dos premios Prismas, organizados polos Museos Científicos Coruñeses, que recoñecen o traballo de promoción e divulgación da cultura científica a nivel estatal. A entidade celebrou a efeméride cunha serie de actos que culminaron coa cerimonia de entrega dos galardóns.

Na trixésima convocatoria, a xurado valorou un total de 279 traballos, nas categorías de artigos xornalísticos, libros, vídeos, sitios web e redes sociais, traballos en radio e textos inéditos. O xurado estivo presidido polo catedrático de Medicina Legal da USC Ángel Carracedo, e composto tamén por expertos do xornalismo, a comunicación e diversas disciplinas científicas.

Publicidade

Este foi o cadro de honra de 2017:

Mellor traballo en vídeo: ‘Qué animal! Parque natural das Fragas do Eume’, de Carme Nicolás, Manuel Muñoz e Pere Figuerola, emitido en La 2 de TVE.

Publicidade

Mellor sitio web: ‘Ciencia de sofá’, presentado por Jordi Pereyra Marí.

Mellor libro editado: ‘Todo é cuestión de química’, de Deborah García Bello, publicado pola Editorial Paidós.

Mellor texto inédito: ‘Hai  unha muller no meu experimento! Unha viaxe coas grandes científicas da historia’, de Jorge Roberto Gutiérrez Bolívar

Mellor artigo xornalístico: ‘Como deseñar ADN no garaxe’, de Michele Catanzaro, publicado no suplemento dominical de El Periódico de Catalunya

Mellor traballo en radio: ‘O café cuántico 6: sobre primates, ratos e feromonas’, de Elena Denia, Antonio Sánchez e Héctor Vives, emitido en Burjassot Radio.

Prisma Especial do Xurado: Jorge Mira Pérez.

Ademáis o xurado decidiu outorgar unha mención honorífica ao vídeo ‘Mareas vermellas’, de Manuel E. García e Jorge H. Urcera.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O quilómetro cero da eclipse total de Sol estará na Coruña: as claves para desfrutar do fenómeno astronómico do ano

A cidade galega será un dos primeiros puntos de Europa en observar a ocultación completa do astro tras a Lúa o 12 de agosto

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O catálogo ‘Quero ser investigadora’ alcanza a súa 6ª edición con dez historias de científicas da UVigo

O evento inclúe unha guía didáctica, contidos gamificados e unha versión audiolibro que conta cunha versión de lectura fácil

Ética científica

O debate está servido tras a retirada do artigo de Barbacid sobre o cancro de páncreas. Por Laura Filloy