Venres 11 Xullo 2025

Queres durmir rodeado de tiburóns? Podes facelo no Aquarium da Coruña

Os Museos Científicos Coruñeses abren este luns os formularios de inscrición para as actividades infantís, e inclúe como novidade unha sesión para adultos

Serías quen de durmir unha noite mentres a só uns metros nadan tiburóns e moitos outros tipos de peixes? É a proposta que, como todos os anos, lanzan os Museos Científicos Coruñeses, e que terá lugar no Aquarium Finisterrae. O vindeiro luns 25 de novembro, a partir das 10 da mañá, ábrense os formularios de preinscrición para a actividade, xa que ás prazas son limitadas.

“Durmindo con tiburóns” desenvolverase durante as vacacións de Nadal, con sesións dirixidas a nenas e nenos de entre 7 e 11 anos os días 21, 22, 23, 26, 28, 29 e 30 de decembro de 2019, e o 2, 3 e 4 de xaneiro de 2020, entre as 20 horas e as 11 da mañá do día seguinte. Como novidade, nesta ocasión haberá unha xornada dirixida a maiores de 25 anos que terá lugar o 27 de decembro, desde as 21.30 horas ata as 11 do día 28.

Publicidade

Durante a actividade realizaranse diferentes obradoiros relacionados coa bioloxía dos tiburóns e finalizan durmindo rodeados de peixes na Sala Nautilus, espazo ambientado como o submarino do capitán Nemo de Jules Verne.

A actividade, organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, ten un prezo de 50 euros. Só se admitirán, segundo informan desde os Museos Científicos, as inscricións realizadas entre as 10 e as 12 horas deste vindeiro luns. Adiantan que só se contactará con aqueles que obteñan praza na actividade, o resto de solicitudes pasará a formar parte da lista de espera. Pódese apuntar a dous participantes por solicitude, aínda que hai un campo especial para cubrir no caso de familias numerosas para a sesión infantil.

Publicidade

Poderás acceder aos formularios a partir do luns 25 ás 10 nestas ligazóns:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

GCiencia consolídase como medio en galego líder en Instagram ao acadar os 40.000 seguidores

A suma de todas as súas redes sociais supera xa as 140.000 persoas, unha cifra histórica para un proxecto especializado, feito en Galicia e enteiramente en galego

O programa de Maiores da UVigo retoma as charlas abertas en Vigo, Ourense e Pontevedra

O alumnado do programa cambia as aulas por cafetarías para compartir uns minutos ‘de ciencia e vida’

Sáenz de Cabezón: “Cuestionar a importancia da saúde ou da educación é un atentado contra a sociedade”

O matemático e divulgador ofreceu un relatorio no IDIS sobre a importancia de trasladar o coñecemento científico fóra do laboratorio

A UVigo reforza a súa faceta divulgativa coa 5ª edición do catálogo ‘Quero ser investigadora’

A publicación incorpora conversas en estilo directo e, por primeira vez, unha versión en formato audiolibro