As tres novas curtas de ciencia e natureza que poderás ver na Domus

Os Museos Científicos Coruñeses renovan a súa oferta de cine científico para o final de ano. A Domus proxecta xa a “Claqueta Científica“, a nova programación audiovisual do museo, cunha selección de tres curtametraxes cunha duración total de 18 minutos. Nos meses de novembro e decembro, en horario de 18 horas (luns a venres) e ás 12, 13, 17 e 18 (sábados domingos e festivos), os visitantes do museo poderán gozar de balde, co prezo da entrada, de tres curtas para achegarse ao coñecemento da ciencia e da natureza.
Este é un breve resumo dos filmes:

La maldición del cocodrilo de Ricla

Os investigadores explican o proceso realizado para describir o primeiro crocodilo mariño do Xurásico de España, un dos fósiles máis importantes e emblemáticos do Museo de Ciencias Naturales da Universidade de Zaragoza, e que se estudou e foi definido como unha nova especie para a ciencia recentemente.

Publicidade

«Divulgare: El peligro de las mascotas en las islas»

Hai aproximadamente 9.000 anos os gatos foron domesticados. Desde entón convertéronse en compañeiros inseparables de moitos humanos. Pero moitos destes gatos, unha vez chegan á súa nova contorna, comezan a competir polos recursos con outros organismos que non están preparados para defenderse dun predador tan eficiente. E se isto ocorre nunha illa, as consecuencias para os ecosistemas poden ser dramáticas. Producido polo grupio Divulgare, da Universidade de Vigo.

The danger of pets on islands from Divulgare on Vimeo.

Publicidade

«De mayor quiero ser científica: Ingeniera informática»

Curta que forma parte da serie “De maior quero ser científica”, de audiovisuais nos que nenas e científicas presentan perfís de profesionais biomédicas desde o próximo e cotián. Producido polo Instituto de Investigación Biomédica (INIBIC).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Un equipo da Coruña crea un modelo en 3D para entender a endometriose e mellorar o seu diagnóstico

O obxectivo é comprender as características moleculares da enfermidades para probar novas dianas terapéuticas e identificar biomarcadores que axuden na súa detección

A UDC propón unha combinación de fármacos contra unha das bacterias máis resistentes aos antibióticos

O equipo investigador identificou unha molécula como unha candidata prometedora para actuar contra infeccións intracelulares

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids