Charlas para escépticos na Domus

O Círculo Escéptico organiza, en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses, un ciclo de conferencias sobre diversos temas científicos abordados desde unha perspectiva crítica.

As catro sesións, con entrada libre e de balde ata completar aforo, celebraranse os mércores, entre o 22 de novembro e o 20 de decembro, nas instalacións da Domus. O ciclo inaugurase esta semana coa conferencia “Beneficios da bioneuroemoción e a Nova Medicina Xermánica”, a cargo da psicóloga clínica Margarita Barrera.

Publicidade

O resto de charlas serán:

29 de novembro, con Mª José Mas, neuropediatra: “As vacinas que causan autismo”.
13 de decembro, con Juan Revenga, nutricionista: “Adelgazar é fácil, cómodo e, sobre todo, divertido”.
20 de decembro, con Nieves Salinas, xornalista: “Xornalistas sen escrúpulos a soldo das farmacéuticas”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O catálogo ‘Quero ser investigadora’ alcanza a súa 6ª edición con dez historias de científicas da UVigo

O evento inclúe unha guía didáctica, contidos gamificados e unha versión audiolibro que conta cunha versión de lectura fácil

A investigadora do grupo GeoTech Patricia González gaña a Gargallada Científica da UVigo

O vindeiro xoves participará nunha gala final con Quico Cadaval e máis divulgadoras

Por que o inverno meteorolóxico empeza o 1 de decembro e o astronómico o 21?

A AEMET explica as razóns polas que as estacións definidas polo clima seguen un criterio fixo diferente ao marcado pola órbita terrestre