Tras da eclipse, chega a marea xigante

Tras a eclipse solar, chega un novo fenómeno: a que xa foi bautizada como a ‘marea do século‘. A aliñación do Sol, a Lúa e a Terra provocará a fin de semana do 21 e 22 de marzo unha espectacular suba do nivel do mar, que será de varios metros en varios lugares do planeta. Estas mareas só se producen cada 18 anos, en datas próximas ao equinoccio de primavera. A última rexistrouse o 10 de marzo de 1997 e non veremos a vindeira ata o 3 de marzo de 2033.
Tres factores importantes multiplican o efecto das forzas de atracción sobre o mar este sábado: para comezar, a eclipse, coa conseguinte aliñación entre estrela, satélite e planeta. A segunda, o equinoccio de primavera; e a terceira, que a Lúa estará no perixeo, o punto máis próximo á Terra.
En Galicia, espérase que a suba do nivel do mar alcance os catro metros en zonas como A Coruña, Corcubión e Foz. En todos os portos, será observable unha inusual preamar e algunhas praias practicamente desaparecerán coa marea alta, para alcanzar unha grande extensión durante a baixamar. Recoméndase precaución, especialmente nos portos, pola ondada que poida producirse. En Galicia, a preamar de horario diurno chegará en col das 16.00 horas.

En Galicia, a suba do mar superará os 4 metros de altura

A intensidade desta marea será distinta en todo o mundo. En mares pequenos ou pechados, como o Mediterráneo, apenas notarase: espérase unha variación duns 20 cm. Noutros puntos da Península, como o Cantábrico, a variación entre a fase preamar e baixamar será duns 4,5 metros. En cambio, no Pacífico ou o Atlántico o fenómeno será moito maior.
Un dos lugares máis espectaculares para ver esta marea será no Mont Saint Michel, unha abadía do século XI que está situada nun illote rochoso en Normandía, ao norte de Francia. Neste lugar, a elevación da auga do mar xa adoita xerar expectación posto que o illote, en preamar, queda flotando no océano. O sábado 21 espérase que alí a marea pase dos habituais 12 metros (a diferenza entre marea baixa e alta) ata os 14 metros.

Publicidade

Podes consultar todas as mareas de Galicia
neste enlace de MetoGalicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova aplicación optimiza a busca do punto ideal para observar as próximas eclipses en Galicia

TresEclipses ofrece un simulador virtual que integra datos astronómicos e relevo terrestre para localizar as zonas con mellor visibilidade

Ver a eclipse dende o mar: os pros e os contras de observar este fenómeno dende un barco

A capitá da Mariña Mercante Alsira Salgado sinala a observación a bordo como a experiencia idónea, pero advirte das dificultades se hai néboa

Un minuto e moitas incógnitas: a nubosidade media nas últimas tres décadas foi do 30% para o 12 de agosto

O meteorólogo Benito Fuentes indica que as formacións baixas e unha cobertura do 35% son as principais ameazas para a observación

Como ver a eclipse de agosto sen xogar a vista

O fenómeno do 12 de agosto será un momento histórico, pero é preciso tomar precaucións para evitar lesións oculares permanentes