Galicia inicia a actualización do Súpercomputador ‘Finisterrae’

O maior cerebro de Galicia quere ser aínda máis grande. Seis anos despois da súa inauguración, o Súpercomputador Finisterrae, do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), será actualizado en 2014 para volver á elite europea da capacidade de cálculo.

Na súa estrea en 2007, o Finisterrae estivo no Top 100 dos grandes ordenadores do mundo. E aínda hoxe en día é unha máquina de alto nivel, que utilizan cada día unha media de 500 investigadores.

Publicidade

O “Finisterrae” axudou a descifrar o xenoma, executa os complicados modelos de predición do tempo para Meteogalicia e foi parte dos cálculos para descubrir o bosón de Higgs.

O director do CESGA, Javier García Tobío, anúncianos en entrevista para GCiencia a actualización do Finisterrae e fálanos dun centro de computación, situado en Santiago, que se mantén en vangarda mundial.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia, clave no novo proxecto europeo para explorar unha das forzas fundamentais da natureza

O IGFAE e o CESGA participarán na iniciativa internacional HADRON-2030 poñendo a disposición o seu Quantum Computing Lab

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Unha carta do presidente de Apatrigal reclama unha alternativa ás tubaxes das gárgolas do Obradoiro

Carlos Fernández Coto defende solucións técnicas máis integradas, ao considerar que “non pode xustificarse como única nin como inevitable”