O CiQUS deseña un vehículo para entrar nas células

As células son as estruturas fundamentais da vida: millóns delas dan forma ao corpo humano, illadas por membranas que actúan como barreiras intelixentes e as preservan de ameazas externas; un escudo protector que permite unicamente a entrada de determinados materiais e nutrientes e pecha o paso a todos os demais, ben sexan toxinas ou substancias benignas de uso terapéutico –como os medicamentos-. Un dos grandes retos da investigación biomédica na actualidade reside no estudo e a análise destes procesos de internalización, co obxectivo de comprendelos mellor para chegar a introducir de maneira controlada na célula fármacos ou outros materiais destinados á súa cura ou reparación.

mascarenasjacs2

No marco desta liña de investigación, a revista de meirande prestixio internacional no ámbito da Química (JACS – Journal of the American Chemical Society), publicou recentemente nun dos seus últimos números unha nova achega desenvolvida por un equipo de científicos do CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago de Compostela – USC). Nela, os investigadores do centro propoñen unha estratexia molecular que permite activar a vontade a internalización celular de distintos péptidos sintéticos (os ‘irmáns pequenos’ das proteínas creadas no laboratorio).

Publicidade

Os novos sistemas moleculares presentan un balance de carga negativo, ou o que é o mesmo: un número maior de cargas negativas que positivas na súa estrutura. Con esta premisa como punto de partida –unha singularidade que lles impide atravesar a membrana celular-, os científicos do CiQUS conseguiron alterar ese balance mediante o deseño e a introdución dunha ‘cápsula’, capaz de enmascarar unha parte do elevado número de cargas negativas nos péptidos. Así, esta nova cápsula nanométrica é quen liberar a zona cargada positivamente, facilitando a entrada do composto no interior da célula.

“Imaxinemos un camión cunha carga tan alta no seu remolque que lle obriga a deterse ao chegar a un túnel”, explica a investigador ERC Advanced Grant José Luis Mascareñas, director do traballo: «convertemos esta cápsula en algo parecido a un ‘guindastre externo‘, co que podemos trasladar ese exceso de carga a unha zona máis baixa do remolque para conseguir que o camión poida atravesar o túnel», afirma.

Publicidade

Outro dos autores do artigo, o investigador predoutoral Jesús Mosquera, destaca que «tanto o deseño conceptual do traballo como a súa execución foron desenvolvidos integramente polo grupo MetBioCat do CiQUS, aínda que a elaboración da cápsula tivo lugar ao longo dunha breve estancia nos laboratorios de química da Universidade de Cambridge, nunha colaboración co Profesor J. R. Nitchske». A lista de autores complétase cos investigadores Jéssica Rodríguez, José R. Couceiro e o Profesor M. Eugenio Vázquez, todos eles membros do CiQUS.

Podes acceder ao artigo científico
Nesta ligazón do Journal of American Chemical Society 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Que hai detrás dunha axuda Marie Curie? Catro investigadores contan como conseguiron a súa

Atopar un grupo receptor complementario, construír un proxecto sólido e contar con apoio institucional son algunhas das claves que destacan os beneficiarios das bolsas europeas no CiQUS

Un equipo da USC logra unha reacción química para construír bibliotecas de moléculas codificadas por ADN

O descubrimento liderado polo investigador do CiQUS Manuel Nappi pode ser clave na procura de fármacos

Roubar a estabilidade dunha molécula ultra-estable durante unha fracción de segundo: así o estuda o CiQUS

O científico Luis M. Mateo recibe a prestixiosa Bolsa Branco Weiss que financiará o proxecto ‘PhthalocyanYnes’ con máis de 635.000 euros durante cinco anos