Humberto Michinel, presidente da Sociedade Europea de Óptica ata 2020

Despois de dous anos como presidente electo, Humberto Michinel, catedrático de Óptica da Universidade de Vigo, vén de ser elixido presidente executivo da European Optical Society (EOS) para o período 2018-2020. O docente do campus de Ourense, primeiro español que ocupa este cargo, foi revalidado a pasada semana á fronte da entidade que agrupa ás sociedades estatais de óptica da Unión Europea e que ten como obxectivo contribuír ao progreso nesta área de coñecemento e promover o seu desenvolvemento tanto no contexto comunitario coma no internacional.

Seguindo o procedemento directivo da sociedade, de dous anos como presidente electo, dous como presidente executivo e dous como presidente saínte, o catedrático foi desde 2016 asumindo paulatinamente tarefas da entidade. Superada esta etapa, a súa confirmación como presidente executivo tivo lugar no congreso bianual da European Optical Society celebrado do 8 ao 12 de outubro en Delft, Holanda. “Aínda que xa era un nomeamento anunciado despois de dous anos como presidente electo, é unha honra seguir á fronte da European Optical Society”, comenta Humberto Michinel.

Publicidade

Michinel é tamén secretario xeral da International Commission for Optics

Como presidente da European Optical Society, o docente ourensán participa en todo tipo de cuestións referidas ao funcionamento da entidade, desde a organización de actividades, como congresos específicos nos diferentes ámbitos da óptica, ata a promoción da consideración desta disciplina en todo tipo de políticas e accións europeas.

Humberto Michinel é na actualidade catedrático de Óptica na Universidade de Vigo, institución na que dirixe o grupo de investigación Óptica Física. Ademais de ter sido membro da xunta de goberno da Sociedade Española de Óptica, cabe destacar tamén o seu nomeamento como secretario xeral da International Commission for Optics, considerada a maior organización mundial de fotónica, cargo que ostenta na actualidade.

Publicidade

O docente ten dirixido nove teses de doutoramento e é co-autor de máis de 60 artigos científicos, destacando numerosos traballos publicados na revista Physical Review Letters. Boa parte da súa actividade investigadora céntrase no estudo da propagación da luz en diferentes sistemas, así como as súas numerosas aplicacións tecnolóxicas. En canto á colaboración con grupos a nivel internacional, alén das publicacións conxuntas con diversos equipos, figuran numerosas estancias como investigador convidado en centros como a Chalmers University of Technology, de Suecia; a Australian National University, de Australia; a Ecole Normale Superieur, de Francia, e o Max-Planck Institut für Quantenoptik, de Alemaña. Ao longo da súa traxectoria ten organizado diversos congresos científicos e dirixido numerosos proxectos de investigación estatais. A estes méritos súmase o feito de ter fundando xunto a outros socios a empresa de base tecnolóxica Erhillumnia, participada pola Universidade de Vigo e centrada no ámbito da iluminación de estado sólido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UVigo desenvolve un sistema para precidir o risco de alerxia ao pole

Elaboraron un calendario polínico da cidade de Ourense e un modelo híbrido de intelixencia artificial para predicir as concentracións a sete días vista

Desenvolven un sistema de alerta temperá de inundacións no Miño e no Limia

No marco do proxecto transfronteirizo Risc Miño-Limia, o grupo Ephyslab da UVigo participa na mellora da xestión fronte a fenómenos extremos

A educación, a clave para evitar a violencia sexual continua que sofren as mulleres

A investigadora da UVigo Rosana Martínez presentou no campus de Ourense a súa tese, que aborda o problema da violencia e ciberviolencia

Unha tese da UVigo afonda no coñecemento do transporte de contaminantes no solo

A investigadora Laura Vázquez probou o uso de tecnoloxías emerxentes para caracterizar o comportamento no solo de microplásticos ou lodos