Así será a misión dun satélite galego contra o asteroide Didymos

Un pequeno satélite viaxará dende o campus da Universidade de Vigo ata un asteroide a 18 millóns de quilómetros. O DustCube participará na misión AIM da Axencia Espacial Europea, en colaboración coa misión DART da NASA. O seu obxectivo é desviar da súa órbita un asteroide, nun plan para protexer a Terra de futuros impactos catastróficos.

DustCube, da Agrupación Aeroespacial da UVigo, será construido en colaboración coa Universidade de Bolonia. E debe estar listo para o lanzamento en outubro de 2020. A súa misión, como a doutros pequenos satélites chamados ‘cubesats’, será tomar datos do impacto contra o asteroide, e servir de repetidores das comunicacións entre as sondas espaciais e a Terra. Agex (Bélxica), Aspect (Finlandia) e Pals (Suecia) son os outros cubesats seleccionados para a misión, ademais doutro español, con participación italiana, cun nome humorístico: Cubata.

Publicidade

A nave DART da NASA colisionará co asteroide.
A nave DART da NASA colisionará co asteroide.

Todos estes proxectos están aprobados, aínda que o vindeiro mes de xullo hai unha nova e derradeira avaliación, que podería dar a sorpresa de deixar descolgado algún nanosatélite.

Estes cinco cubesats son os irmáns pequenos da misión. Os grandes serán a propio satélite AIM (Asteroid Impact Mission) da ESA, que estará en órbita ao asteroide e tomará datos, coordinando a misión. E unha sonda que aterrará no asteroide, a Mascot-2 da axencia espacial alemá DLR. O terceiro gran protagonista será a nave DART (‘dardo’ en inglés), que impactará contra o asteroide binario. A NASA fará que a colisión de DART se produza cando todos os equipos europeos estean xa situados e tomando datos.

Publicidade

A nave DART impactará contra a lúa de Didymos, que ten só 170 metros de diámetro

O obxectivo da misión non é doado. Porque Didymos é un asteroide binario e a nave DART vai impactar conta a súa lúa, que apenas ten 170 metros de diámetro. Son menos de dous campos de fútbol, situados a 18 millóns de quilómetros.

Non vai ser sinxelo para a NASA meter ese gol. Pero anima o recente éxito da misión Rosetta, que continúa en órbita ao cometa Churyumov-Gerasimenko, despois de deixar na súa superficie a pequena sonda Philae. Tampouco será barato para a ESA: 200 millóns de euros. Pero é unha misión impresindible, porque non está probada tecnoloxía ningunha no espazo para desviar un asteroide que estivese en ruta de colisión cara á Terra. Non é mala idea probar antes, no caso de que algún día deba utilizarse.

Se nada se torce, o DustCube da Universidade de Vigo despegará coa Asteroid Impact Mission en outubro de 2020 para chegar a Didymos en xuño de 2022.

DustCube terá que situarse a unha distancia de entre 2 e 4 quilómetros do asteroide e a súa misión será analizar os fragmentos de po e rochas que se desprendan tras a colisión (tamaño, forma, densidade…) e a composición mineral dos fragmentos, o que lle dará aos científicos moita información sobre a orixe do asteroide, idade…

Así será a misión dun satélite galego que vai ao encontro dun asteroide a 18 millóns de quilómetros do fogar de Breogán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A primeira astrónoma galega, Antonia Ferrín Moreiras, dá nome a un asteroide

A Unión Astronómica Internacional homenaxea a primeira doutora da disciplina en España

O risco de impacto dun asteroide contra a Terra en 2032 é o maior xamais prognosticado

A rocha espacial 2024 YR4, que podería arrasar unha cidade, aumentou ata un 3,1% a súa probabilidade de chocar contra o planeta

As curiosas imaxes do asteroide que podería impactar contra a Terra en 2032

O obxecto, cun ancho de entre 40 e 90 metros, ten unha probabilidade do 2,3% de chocar contra o noso planeta

2024 YR4: o asteroide que podería impactar contra a Terra en 2032

O corpo celeste é semellante ao que impactou en Siberia en 1908, o cal causou unha enerxía explosiva de entre 10 e 20 megatóns de TNT