Martes 23 Abril 2024

Sintetizan o kekuleno en Santiago despois de 40 anos

Os investigadores do CiQUS de Santiago desenvolven un novo roteiro sintético con precisión atómica para illar este composto

Desde que a finais do século XIX o químico alemán August Kekulé descubrira a estrutura do benceno, tivo que pasar un século para que os científicos François Diederich e Heinz A. Staab publicaran en 1978, na revista Angewandte Chemie a primeira síntese dun novo composto ao que chamaron kekuleno na honra de Kekulé, pola similitude estrutural coa molécula de benceno.

Desde entón, ningunha outra publicación volvera informar sobre a síntese do kekuleno,
mesmo tratándose do membro mellor estudado da familia dos cicloarenos. As
peculiaridades da súa estrutura molecular e electrónica foron obxecto de debate durante
décadas e nos últimos tempos espertou unha renovada atención entre os químicos, tras
observar que este tipo de moléculas serven como modelos no deseño de poros de grafeno.

Publicidade

Corenta e un anos máis tarde da súa primeira síntese, un equipo formado por
Dolores Pérez, Iago Pozo, Enrique Guitián e Diego Peña no CiQUS (Centro Singular deInvestigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago de Compostela), en colaboración co grupo do investigador Leo Gross no IBM Research de Zúric (Suíza) e co apoio computacional de Manuel Melle-Franco na Universidade de Aveiro
(Portugal), foi quen de volver illar este icónico composto e, por primeira vez, visualizar a
súa estrutura con resolución atómica, usando a técnica de Microscopía de Forza Atómica
(AFM). O traballo foi publicado na recoñecida revista Journal of the American Chemical Society.

O traballo foi publicado na recoñecida revista ‘Journal of the American Chemical Society

Para o investigador do CiQUS Iago Pozo, primeiro autor do artigo, a síntese dos cicloarenos é extremadamente desafiante: “o que fixemos neste traballo é simplificar e mellorar primeira parte da síntese do kekuleno, construíndo nun único paso un intermedio sintético de grande importancia”, afirma. “Isto permitiunos obter cantidades significativas deste composto intermedio para, a partir de aí, completar a preparación do kekuleno seguindo o roteiro proposto por Diederich e Staab nos últimos pasos”, explica o investigador predoutoral.

No que respecta a a visualización nanométrica da molécula, Diego Peña explica que “o
estudo do kekuleno mediante AFM de ultra-alta resolución, abordado polos nosos colegas
do IBM Research en Zúric, facilitounos imaxes extremadamente precisas de moléculas
individuais deste hidrocarburo, considerado un emblema da química orgánica”. As imaxes
AFM proporcionaron maiores evidencias sobre a distribución electrónica no kekuleno, que
como sinalan os investigadores “coincide co modelo de Clar, unha das estruturas preditas
con anterioridade, e descarta unha deslocalización electrónica global na molécula, suxerida
por algúns autores e asociada ao concepto de superaromaticidade”.

Os resultados deste traballo son un novo estímulo ao labor do grupo de investigación ao
redor dos hidrocarburos aromáticos. Así se desprende das palabras de Dolores Pérez, una das autoras responsables do artigo: “continuaremos aplicando a química dos arinos como bloques de construción en distintos compostos non convencionais e, por suposto,
seguiremos combinando esta experiencia sintética coas poderosas técnicas de microscopía
avanzada como o AFM”, asegura.


Referencia: Revisiting Kekulene: Synthesis and Single-Molecule Imaging (publicado en Journal of the American Chemical Society).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega sobre estruturas moleculares, portada de Science

Un equipo do CiQUS participa nunha colaboración internacional que logrou modificar moléculas individuais aplicando pulsos eléctricos

“O noso país está á cabeza das situacións complicadas para a carreira investigadora”

O catedrático da USC Diego Peña vén de participar nun foro internacional que reuniu a algúns dos químicos máis prestixiosos de Europa

A foto que reproduce o emblemático Congreso Solvay

O investigador do CiQUS Diego Peña foi un dos 34 participantes en Honour Science & Chemistry, un evento que reuniu a científicos de prestixio internacional

Dous equipos galegos, seleccionados nas prestixiosas bolsas Synergy Grant

Diego Peña, do CiQUS, e Felipe Criado, do Incipit, serán investigadores principais de proxectos financiados con arredor de nove millóns de euros