A USC obtén bicapas nanométricas de alta calidade a partir de disolucións acuosas

Investigadores da USC veñen de publicar na prestixiosa revista Chemistry of Materials a obtención de bicapas nanométricas con excelente calidade a partir de disolucións acuosas, a través do desenvolvemento dun método sinxelo e barato que pode competir cos métodos físicos na fabricación de películas ultra delgadas, moi utilizadas en industrias como a electrónica ou fotovoltaica.

A síntese de películas ultrafinas e sistemas bidimensionais tense convertido nun elemento imprescindible na fabricación de dispositivos electrónicos de uso de común. Na actualidade, para acadar estes resultados empréganse métodos de deposición física que obteñen películas cun crecemento epitaxial, perfectamente ordenado, e cun espesor controlable.

Publicidade

O sistema permite fabricar máis barato electrónica de alta tecnoloxía

Este tipo de procedementos son moi custosos e requiren equipamento altamente especializado (sputtering, PLD, MBE). Para abaratar os custes deste tipo de procesos, nas últimas décadas xa se intentou utilizar outros métodos químicos máis baratos, pero sen demasiado éxito, xa que os resultados non depararon unha calidade satisfactoria, tanto desde o punto de vista morfolóxico-estrutural coma do funcional.

Financiamento da UE

O grupo de investigación de Franscico Rivadulla no CIQUS, no marco do seu proxecto ERC-Starting Grant que conta con 1,5 millóns de euros de financiamento da UE, ten publicado xa diversos traballos nos que demostra a superación dos tres grandes inconvenientes das técnicas de deposición químicas para a obtención de sistemas bidimensionais nanométricos.

Publicidade

As achegas feitas por estes investigadores da USC proban que grazas a que a rugosidade é extremadamente baixa é posible depositar unha segunda capa sempre que se manteña unha interface ou separación entre capas perfectamente definida. Este proceso posibilita o crecemento ordenado das dúas capas, ao tempo que mantén un control total da súa composición química.

O grupo de investigación do CIQUS da USC logrou, a través desta nova metodoloxía, depositar dúas películas de óxidos de lantano (manganeso e cobalto), cun espesor controlado de tan só 18 e 4 nanómetros, respectivamente, sobre áreas de varios centímetros cadrados completamente libres de defectos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Das augas residuais ao combustible do futuro: así produce hidróxeno verde o novo sistema do CiQUS

O equipo de María Giménez-López emprega a urea como materia prima para impulsar unha nova estratexia máis sostible e eficiente

O CiQUS, na elite da ciencia co selo María de Maeztu: “É un recoñecemento ao traballo dos últimos anos”

O investimento previsto para o centro da USC impulsará a captación de talento, a creación de novas infraestruturas e liñas de investigación

O CiQUS demostra que os de ciclos luz e escuridade guían a evolución estable de nanomateriais

O traballo liderado polo investigador Javier Montenegro permite guiar a organización de sistemas moleculares dinámicos cara a estruturas máis robustas

Premiados sete investigadores e investigadoras mozos pola súa contribución ao avance científico galego

Verónica Bolón, Laura Castro, María Barreiro, Manuel Souto, Ismael González, Lucía Díaz e Rubén Lado reciben os galardóns organizados pola RAGC-UIE