Fibratic: Intelixencia artificial para mellorar a industria madeireira en Galicia

O CiTIUS da Universidade de Santiago, o Cesga e a empresa Finsa participan nun proxecto de investigación para automatizar a fabricación destes produtos

As instalacións da factoría Orember, propiedade de Finsa, no polígono ourensán de San Cibrao das Viñas, acolleron a presentación do proxecto Fibratic, no que participan a empresa madeireira xunto ao Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e o CiTIUS de Santiago de Compostela. O obxectivo desta iniciativa, que se desenvolverá durante os vindeiros cinco anos, é automatizar a produción de diversos procesos industriais que ata agora eran de difícil control, enmarcados na estratexia de Industria 4.0 que impulsa a Axencia Galega de Innovación (Gain).

Esta segunda fase do proxecto, que dá continuidade ao traballo conxunto desenvolvido nos últimos dous anos e medio entre as tres entidades. Neste tempo, os investigadores do CiTIUS e o Cesga, en colaboración coa madeireira, buscaron unha solución tecnolóxica á medida que puidese mellorar a calidade dos seus produtos, aproveitando a inxente cantidade de datos xerados durante a fabricación dos taboleiros de Fibra de Densidade Media (MDF, polas súas siglas en inglés), empregados na construción de mobiliario moderno.  Froito desta colaboración, xa validada na planta de Orember, asinouse un novo contrato que se estenderá ata 2024, e que manterá a actividade científica no Cesga e no Citius.

Publicidade

A firma do acordo permitirá afondar na utilización en fábrica das tecnoloxías de Intelixencia Artificial, Big Data e Computación de altas prestacións, poñéndoas ao servizo do conxunto de procesos de fabricación necesarios para obter o produto de calidade demandado polos clientes. A Industria 4.0 é xa unha realidade, que será determinante ao longo dos próximos anos en todo tipo de sectores.

As empresas galegas, como é o caso de Finsa, atópanse inmersas nun proceso de transformación tecnolóxica que avanza imparable, establecendo fórmulas que preserven a súa capacidade de competir no mercado. O modelo de alianza entre Finsa, Cesga e CiTIUS, aposta porun equipo interdisciplinario que aglutina empresa, tecnoloxía e academia para, a través do coñecemento e a capacidade, e cunha implicación a pé de planta, poder traballar sobre procesos e produtos reais.

Publicidade

O acto co que botou a andar Fibratic, que incluíu unha visita polas instalacións de Orember, contou coa presenza de Patricia Argerey Villar, directora da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN), Mauro Fernández Dabouza (director do Cesga), e Senén Barro (director científico do CiTIUS), xunto aos científicos David Mera, Andrés Gómez e Santiago Recamán. Estes tres investigadores desenvolveron desde 2017, no marco de Fibratic, varias investigacións que foron publicadas en revistas como Electronics.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia activa un programa para mellorar a vixilancia da infección pulmonar causada pola lexionela

A Consellería de Sanidade, a USC e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica analizarán as cepas da bacteria para facilitar a detección de posibles gromos

Nace ConfIA, unha rede que aglutina dez universidades para impulsar unha IA confiable e responsable

O CITIC e o CiTIUS representarán a Galicia nesta iniciativa que reforzará a cooperación científica, a captación de talento e a transferencia de coñecemento

Tres sinais para anticipar o risco de condutas suicidas no TOC: este é o achado dun estudo galego

Investigadoras do CiMUS, CiTIUS e Hospital de Bellvitge identifican factores clave que poderían mellorar a detección temperá en persoas con trastorno obsesivo-compulsivo

Unha nova ferramenta pública creada dende a USC analiza a evolución dos dereitos dixitais na rede

A plataforma DigiTrack, desenvolvida polo CiTIUS, permite identificar tendencias, analizar contidos e comprender o impacto social da conversación en liña sobre liberdades fundamentais