Deseños creativos con firma infantil

Los dibujos de los niños son la base del diseño posterior

A idea xurdiu na cabeza dunha nai que comezou a pensar como se podería aproveitar o talento que os seus fillos mostraban ao realizar debuxos sobre papel. En apenas uns anos aquel suceso casual converteuse nunha idea empresarial que leva camiño de converterse nun negocio de éxito. Mr. Broc conta actualmente con seis empregados e aspira a multiplicar a súa cifra de negocio a partir de 2018 coa nova ferramenta informática que xa comezou a aplicar.

Sonia López (izda), fundadora de Mr. Broc

Sonia López Mera, fundadora da empresa, explica que o proxecto comezou fai tres anos con ensaios realizados coa axuda de familiares e amigos, pero o punto de inflexión produciuse en 2016 cando se decidiu pasar dun modelo de negocio artesanal a unha empresa que, en pouco tempo, aspira a dar un salto cara á internacionalización.

O que non cambiou é que os debuxos infantís seguen sendo o punto de partida do proxecto. Estes bosquexos poden realizarse agora de forma automática na páxina web da empresa (www.mrbroc.com) que conta cunha ferramenta chamada Broc Studio que permite ir realizando os bosquexos e ir vendo como poderían quedar nos diversos obxectos que poderían adquirirse con este deseño. A ferramenta é gratuíta e de acceso libre e só págase polos produtos cos deseños xa inseridos.

A fundadora de Mr. Broc móstrase entusiasmada coas posibilidades que ofrece esta nova ferramenta que comezou a funcionar o pasado mes de novembro e coa que esperan poder dar un gran paso adiante no crecemento da empresa. “Os nosos desarrolladores informáticos conseguiron crear unha aplicación que en certo xeito pensa e ofrece aos que debuxan as mellores alternativas para converter o seu bosquexo nun deseño para un produto real”, indica Sonia López.

Entre os diversos tipos de produtos aos que se poden incorporar os deseños atópanse artigos téxtiles (bolsos, coxíns, mantas polares, mandís, fundas nórdicas, etc), xoias en prata, vinilos e carcasas para móbiles. Os obxectos incorporan os deseños realizados coa aplicación e envíanse para a súa recepción nun prazo máximo de dez días. O agasallo familiar e os obsequios personalizados que os escolares deciden realizar aos seus profesores son os nichos de mercado máis claros para a empresa.

Os obxectos incorporan os deseños personalizados feitos coa aplicación informática

Mr. Broc divide o seu persoal entre Vigo e Madrid e proximamente vai poñer en marcha un ambicioso plan de márketing para optimizar as posibilidades da nova aplicación que acaban de lanzar. O proxecto formou parte da cuarta edición do programa Vía Galicia e os desarrolladores informáticos que deseñaron a nova aplicación saíron de universidades galegas

Un dos factores diferenciais de Mr. Broc fronte a outras ideas similares é que os deseños finais son realizados de forma exclusiva e tense especial coidado en comprobar como se adapta cada deseño ao obxecto ao que se quere axustar. Desta forma, os deseños realizados a través de Mr. Broc contan cunha aparencia moi personalizada que os distingue dos que poden realizarse con outro tipo de aplicacións.

López apunta que a innovación tivo e segue tendo un papel fundamental na evolución dunha empresa que tiña bastante claro desde o principio que tiña que ir perfeccionando as ferramentas coas que ía contar de forma paulatina. “Non podiamos permitirnos esperar tres anos para contar cunha aplicación , preferiamos lanzar algo menos sofisticado e ir incorporando aos poucos novas funcionalidades baseándonos na experiencia que imos acumulando”, engade a responsable de Mr. Broc.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.