A Cova Eirós é o xacemento con arte máis antigo de Galicia

Trabajos arqueológicos.

O xacemento de Cova Eirós, en Triacastela, xa ten ofrecido nos últimos anos moitas claves para comprender a vida dos neandertais que viviron no territorio galego. Agora, os arqueólogos que traballan no lugar veñen de publicar unha investigación na revista Radiocarbon na que sitúan cronolóxicamente hai 9.000 anos as pinturas  das súas paredes. Deste xeito, Cova Eirós convértese no xacemento de arte máis antigo de Galicia.

Os investigadores do GEPN-AAT da USC e do IPHES de Tarragona puideron datar estas obras grazas a unha sofisticada técnica, a oxidación por plasma, para a que contaron coa colaboración de Karen Steelmann, da Central University of Arkansas.

Detalle dun dos motivos pintados coa situación da mostra datada (cadro verde). Á dereita, calco da pintura datada (en negro) e a figura zoomorfa (vermello). Foto: GEPN-AAT.
Detalle dun dos motivos pintados coa situación da mostra datada (cadro verde). Á dereita, calco da pintura datada (en negro) e a figura zoomorfa (vermello). Foto: GEPN-AAT.

Nestas análises, conseguiron atopar que as pinturas se realizaron con carbón vexetal como pigmento. Así, e non sen dificultades, debido á contaminación e á mala conservación das imaxes, puideron obter dúas datacións con Carbono-14 sobre senllos temas inseridos no panel III da Cova.

Unha vez combinadas estatísticamente e tendo en conta achegas de carbón moderno provocadas por un lume que se acendeu nese sector durante a época medieval, os investigadores puideron determinar que as figuras foron realizadas hai máis de 9.000 anos.

Deste xeito, a Cova Eirós confírmase como o xacemento de arte máis antigo de Galicia, xa que as seguintes pinturas megalíticas son 3.000 anos posteriores, como indican as datas AMS obtidas a través dun proxecto dirixido polo GEPN e que tamén contou coa colaboración de Karen Steelman.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.