Xubílase 'Le Grand K', o cilindro que define o quilogramo

Durante décadas, os metrólogos esforzáronse por xubilar a 'Le Grand K', o cilindro de platino e iridio que durante 126 anos definiu ao quilogramo, que está colocado nunha bóveda de alta seguridade ás aforas de París. Agora, por fin teñen os datos necesarios para substituílo cunha definición baseada en constantes matemáticas. O avance chega a tempo para que o quilogramo se inclúa nunha redefinición máis ampla de unidades co amperio, o mol e o kelvin prevista para 2018. A vindeira semana, o Comité Internacional de Pesas e Medidas vai reunirse en París para discutir os pasos para seguir. "É un momento emocionante", sinalou David Newell, físico do Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (Gaithersburg, Estados Unidos). "É a culminación de intensos esforzos realizados por investigadores de todo o mundo". O quilogramo é a única unidade do Sistema Internacional aínda baseada nun obxecto físico. Os experimentos que o definiron en termos de constantes fundamentais describíronse na década de 1970. Con todo, ata o pasado ano non se logrou un acordo sobre se os resultados eran o bastante precisos como para derrocar á definición física. A redefinición non fará que o quilogramo sexa máis preciso, pero si máis estable. Un obxecto físico pode perder ou gañar átomos co tempo ou ser destruído, pero as constantes non cambian.
Durante décadas, os metrólogos esforzáronse por xubilar a ‘Le Grand K’, o cilindro de platino e iridio que durante 126 anos definiu ao quilogramo, que está colocado nunha bóveda de alta seguridade ás aforas de París. Agora, por fin teñen os datos necesarios para substituílo cunha definición baseada en constantes matemáticas. O avance chega a tempo para que o quilogramo se inclúa nunha redefinición máis ampla de unidades co amperio, o mol e o kelvin prevista para 2018. A vindeira semana, o Comité Internacional de Pesas e Medidas vai reunirse en París para discutir os pasos para seguir. “É un momento emocionante”, sinalou David Newell, físico do Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (Gaithersburg, Estados Unidos). “É a culminación de intensos esforzos realizados por investigadores de todo o mundo”. O quilogramo é a única unidade do Sistema Internacional aínda baseada nun obxecto físico. Os experimentos que o definiron en termos de constantes fundamentais describíronse na década de 1970. Con todo, ata o pasado ano non se logrou un acordo sobre se os resultados eran o bastante precisos como para derrocar á definición física. A redefinición non fará que o quilogramo sexa máis preciso, pero si máis estable. Un obxecto físico pode perder ou gañar átomos co tempo ou ser destruído, pero as constantes non cambian.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O espectacular mapa de Galicia de Nicolás de Fer

O gran cartógrafo francés trazou Galicia a comezos do século XVIII e deixou este abraiante mapa que inclúe detallados os portos da Coruña e Vigo

O espectacular mapa de Galicia do xeógrafo Tomás López

Empregando a ciencia da súa época, o cartógrafo trazou un completo mapa do país que só melloraría medio século máis tarde o gran Domingo Fontán

Día histórico na ciencia: cambia a definición do quilo

A Conferencia Mundial de Pesos e Medidas aproba por unanimidade unha nova definición para a medida da masa

Nove lugares clave na vida de Domingo Fontán

De París a Lousame, de Porta do Conde a Madrid, estes son algúns dos espazos que marcaron a vida do insigne autor da Carta Xeométrica de Galicia