Videonautas

O Perseverance achégase a Marte

O rover da Nasa terá viaxado case 470 millóns de quilómetros ata o planeta vermello

Mil millóns de anos de placas tectónicas movéndose en 40 segundos

Esta animación en vídeo amosa como a terra firme está a moverse á mesma velocidade á que medran as nosas unllas

Así captura unha araña a un insecto 50 veces máis pesado ca ela

Unha investigación describe como unha familia de arácnidos tece unha rede de fíos a modo de roldana para apresar animais moito maiores

Vinte claves sobre a vacinación contra a Covid-19

A Axencia de Coñecemento en Saúde publica unha serie divulgativa de Federico Martinón, asesor en materia de vacinas da OMS

Así abre unha pa toneladas de neve nunha estrada nos Ancares

Os rescatadores interviron no camiño que vai de Campa da Braña ao refuxio do Club Ancares, onde se acumulou máis de metro e medio de neve

Os 956km da costa da Coruña, desde o aire

A Deputación provincial difunde seis vídeos nos que percorre todo o litoral desde O Barqueiro ata Rianxo

O Aquarium da Coruña acolle polbos criados en catividade

Na sala Maremagnum poden verse cinco exemplares de arredor de 10 centímetros, que forman parte dun proxecto do IIM e a UVigo

Por que as máscaras con válvula non son boa idea: un exemplo visual

Enxeñeiros estadounidenses amosan nun experimento como estas pezas non frean a difusión de pingas respiratorias que poden conter virus

A primeira animación médica en 8K, realizada por unha clínica da Coruña

A Clínica Pardiñas publica na súa canle de Youtube un vídeo sobre os problemas de boca seca cun nivel de detalle con poucos precedentes

O vídeo do incidente entre candorcas e un veleiro nas Rías Baixas

O grupo de candorcas chega a danar o temón da embarcación no encontro cos cetáceos deste domingo

Castelao en Bos Aires, en 4K e 8K

O xornalista César Galdo procesa as filmacións de Eligio González, que recolle a presenza do intelectual rianxeiro desde 1940 ata o seu pasamento

Así é a carreira de obstáculos para dedicarse á investigación en Galicia

O colectivo Investigal resume en pouco máis de tres minutos as complicacións ás que se afrontan as persoas que intentan consolidar a carreira científica

Así se ven desde o aire os cantís máis altos da serra da Capelada

O proxecto XeoClip publica un novo vídeo da costa de Ortegal, unha das zonas máis salientables do litoral galego en canto á xeoloxía

Brutal explosión da nave de SpaceX deseñada para ir a Marte

O prototipo SN4 estourou nunha das súas probas, só unhas horas antes do histórico lanzamento da CrewDragon da mesma compañía con dous astronautas

Loiba e O Picón: centos de millóns de anos diante dos teus ollos

O proxecto Xeoclip percorre este tramo litoral de Ortegal, con arcos, farallóns, coídos e deslizamentos de gran relevancia xeolóxica

Chega o robot de Boston Dynamics que pastorea ovellas e dá sulfato

O novo droide está a ser deseñado para o agro e volve sorprender pola súa axilidade e adaptación a todo tipo de terreos