A metamorfose das abellas obreiras

O fotógrafo Anand Varma, en colaboración co laboratorio de abellas da Universidade de California (EUA), elaborou este vídeo no que, a partir da sucesión rápida de fotografías tomadas ao longo do proceso, se mostran todas as fases na metamorfose dunha abella. Ao inicio prodúcese a eclosión do ovo, do que xorde a larva trasparente e inquieta, case sempre en movemento. Durante os primeiros días da súa vida as crías permanecen encerradas en pequenas celas, onde van crecendo mentres son alimentadas con xelea real proporcionada polas abellas amas.

A partir dos 25 segundos do vídeo, pódese apreciar a presenza duns poucos ácaros invasores, chamados Varroa destrutor, que se moven arredor das celas. Este pequeno parasito adoita atacar as crías, matándoas en ocasións. As abellas que non sofren o ataque destes insectos continúan a súa evolución ata que, aos 21 días de ter nacido, alcanzan a súa forma e cor definitivas. É entón cando abandonan as celas e poden voar libremente.

Publicidade

A súa vida posterior como adultas é bastante breve, aínda que depende da estación do ano. En primavera e verán subsisten preto de dous meses, mentres que en outono e inverno chegan a entre tres e catro meses. En total, unha colonia de abellas pode ter entre 40.000 e 75.000 obreiras. Son as encargadas, entre outras tarefas, de buscar alimento e protexer a colonia ante as ameazas do exterior.

Segundo alertan os científicos, o enxame mundial de abellas sufriu un forte descenso nos últimos anos. Un das principais causas son os novos pesticidas, que conteñen compoñentes que os provocan síntomas similares aos do alzhéimer, facendo que se desorienten ao intentar regresar á colmea.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Estas son as rutas EuroVelo que permiten coñecer Galicia a golpe de pedal

Os itinerarios da Costa Atlántica e do Camiño dos Peregrinos conflúen na comunidade galega nun tramo que conecta os dous traxectos nunha experiencia única e fluída

As Rías Baixas gardan a maior pegada toponímica da antiga presenza de focas en Galicia

Un estudo identifica 43 talasónimos asociados a estes animais mariños e reconstrúe a súa distribución histórica, con especial concentración na ría de Arousa

A Academia Galega de Belas Artes insta á Xunta a recuperar os torques de Ansorena

As pezas de posible orixe castrexa recibiron unha oferta de 210.000 euros durante unha poxa, pero a venda anulouse

A Deputación da Coruña recibe en Madrid o Premio Gourmet Turismo Gastronómico

O galardón recoñece a aposta da institución provincial por un modelo baseado na calidade, a autenticidade e a sostibilidade