Esta familia de elefantes está, evidentemente, relaxada, pero tamén perfectamente formada e case inmóvil, vendo a vida pasar no río Luangwa, en Zambia. Todos eles semellan estar mirando pensativamente a garza que se pasea amodo fronte aos grandes mamíferos, en busca de peixes que os elefantes poderían axitar ao beber. A foto foi tomada por Angie Scott (Kenia) e gañou en 2002 o prestixioso Wildlife Photo of the Year. Hoxe forma parte do libro “50 years of Wildlife Photographer of the Year”, que este mes de setembro vén de publicar o National History Museum de Londres.
O fotógrafo Sam Rowley recibiu o galardón do público no certame que organiza o Museo de Historia Natural de Londres por unha foto nunha estación da cidade
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.