Espectáculo de cores nos aneis de Saturno

Saturn_s_rainbow_rings
Este impresionante arco iris cósmico é unha sección dos aneis de Saturno, retratados catro séculos despois de ser descubertos por Galileo Galilei en 1610. Os aneis bautizáronse coas primeiras sete letras do alfabeto na orde en que foron descubertos: o anel D é o máis próximo a Saturno, seguido polos aneis C, B, A, F, G e E. Esta imaxe móstranos a sección do anel C máis próxima a Saturno, á esquerda, e o comezo do anel B, xusto á dereita do centro, e foi tomada polo instrumento UVIS da nave ‘Cassini’. A imaxe, publicada hoxe pola Axencia Espacial Europea, cobre unha rexión duns 10.000 km de extensión. As distintas cores dos aneis débense a variacións na súa composición. Os tons turquesa correspóndense con partículas de auga xeada practicamente pura, mentres que os avermellados indican a presenza de máis contaminantes |Foto: NASA/JPL/University of Colorado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo