A ESA lanza con éxito a súa futura nave tripulada

A Axencia Espacial Europea (ESA) lanzou hoxe o seu novo vehículo experimental IXV (polas súas siglas en inglés) dende a Guyana Francesa ata 450 quilómetros de altura, para recollelo uns cen minutos despois nas augas do Pacífico. O ensaio serve para testear a última tecnoloxía europea de reentrada de naves na atmosfera e sistemas espaciais reutilizables. "Aprender a regresar á Terra de forma autónoma, e aterrar controladamente, abre un novo capítulo para a axencia", sinalan os responsables da ESA. Durante a súa reentrada tomou unha gran cantidade de datos, grazas aos máis de 300 sensores con que está equipado. O transbordador, de cinco metros de longo e dúas toneladas de peso, reduciu logo a súa velocidade de hipersónica a supersónica durante o descenso. A velocidade de reentrada, de 7,5 Km/s a unha altura de 120 Km, reproduciu as mesmas condicións ás que estaría sometida unha nave que volvese a Terra dende a órbita baixa.
A Axencia Espacial Europea (ESA) lanzou hoxe o seu novo vehículo experimental IXV (polas súas siglas en inglés) dende a Guyana Francesa ata 450 quilómetros de altura, para recollelo uns cen minutos despois nas augas do Pacífico. O ensaio serve para testear a última tecnoloxía europea de reentrada de naves na atmosfera e sistemas espaciais reutilizables. “Aprender a regresar á Terra de forma autónoma, e aterrar controladamente, abre un novo capítulo para a axencia”, sinalan os responsables da ESA. Durante a súa reentrada tomou unha gran cantidade de datos, grazas aos máis de 300 sensores con que está equipado. O transbordador, de cinco metros de longo e dúas toneladas de peso, reduciu logo a súa velocidade de hipersónica a supersónica durante o descenso. A velocidade de reentrada, de 7,5 Km/s a unha altura de 120 Km, reproduciu as mesmas condicións ás que estaría sometida unha nave que volvese a Terra dende a órbita baixa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Alén Space lidera un proxecto europeo para detectar interferencias de radiofrecuencia dende o espazo

A empresa galega coordina a iniciativa financiada pola Axencia Espacial Europea que terá unha duración de 24 meses

Esta é a primeira mostra do mapa do universo elaborado pola ESA e con participación galega

A misión Euclid elaborará a primeira cartografía tridimensional do cosmos, rexistrando as formas, distancias e movementos de millóns de galaxias localizadas a 10 mil millóns de anos luz

Estas son as cinco espectaculares imaxes do universo capturadas polo telescopio Euclid

O observatorio da ESA retrata, nun só día e con gran detalle, cúmulos de galaxias e estrelas e tamén presenta unha decena de artigos científicos

Investigadores de Vigo proban con éxito un deseño de antena para un vehículo lunar

O dispositivo facilitará o sistema de comunicación durante as incursións das covas atopadas no satélite