Dous corzos chegan a nado á praia de Liméns

A xente da zona asegura que é habitual velos por Donón-O Hío dende o verán, e que xa se deixaron ver nos montes de Barra e Nerga

Captura del vídeo en el que se ve como dos corzos llegan nadando a la playa de Liméns.
Captura del vídeo en el que se ve como dos corzos llegan nadando a la playa de Liméns.

Entornar os ollos non serve de nada. Hai que esperar a que dúas figuras tan afastadas como curiosas se vaian achegando á beira da praia. A sorpresa é maiúscula: son dous corzos nadando cara a area de Liméns, en Cangas do Morrazo. Tan pronto chegan a terra firme, vense perfectamente as súas figuras, que non tardan en emprender rapidamente o seu camiño cara ao monte.

O vídeo que captura o curioso momento foi gravado o xoves 16 de febreiro dende a praia de Liméns. A xente da zona cre que esta parella de corzos xa é unha vella coñecida, e é a mesma que se deixa ver dende o verán pola zona de Donón-O Hío. Malia que non era habitual velos, dende a pandemia as súas aparicións son cada vez máis frecuentes. De feito, durante o verán pasado tamén se puideron ver dende Barra e Nerga. Outros veciños cren que pode haber máis dunha parella.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.