Descobren unha nova especie de homínido

Un equipo internacional de científicos vén de describir unha nova especie de homínido, chamada Homo naledi, cuxa morfoloxía se sitúa entre os xéneros Australopithecus e Homo. Os científicos, que descoñecen aínda cando viviu este homínido, acharon os restos de polo menos 15 individuos desta especie no depósito Dinaledi en Sudáfrica. Cunha capacidade cranial de ao redor de 500 cm3, moito menor que a de humanos actuais, Homo naledi tiña características moi próximas ao xénero Homo en canto a mastigación, manipulación e locomoción refírese. Non obstante pola estrutura do seu torso e o xogo do tórax coa pelve, á parte da capacidade cranial, achegaríase máis a Australopithecus, un xénero de primates homínidos que desapareceu hai uns dous millóns de anos. Estes fósiles indican que a evolución de aspectos tan importantes como a manipulación e a locomoción se produciu independentemente da encefalización, é dicir, antes do aumento do tamaño cerebral. A revista National Geographic dedica a súa portada a este novo homínido e lle pon esta faciana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un homínido bípedo e descoñecido deixou pegadas en Tanzania hai 3,7 millóns de anos

Ata o de agora pensábase que eran pisadas de osos, pero un novo estudo publicado na revista Nature confirma que pertencen a humanos primitivos

A galega Biofabri avanza nos ensaios coa vacina da tuberculose en adultos

A empresa do grupo Zendal traballa coa organización IAVI e científicos sudafricanos nunha proba con 144 persoas que serán estudadas durante 12 meses

Atopan en Filipinas unha nova especie humana, o “Homo luzonensis”

"Nature" publica as conclusións tiradas a partir de varios restos óseos cunha "sorprendente" combinación de trazos primitivos e modernos

O debuxo máis antigo que fixo o ser humano parece un #

Científicos atopan nunha cova de Sudáfrica un debuxo en forma de cancelo de 73.000 anos de antigüidade