Concepción Arenal substitúe a Montero Ríos en Mazarelos durante este mes

Os paneis fotográficos coa figura de Concepción Arenal cubrirán a estatua de Montero Ríos durante todo o mes de marzo. Imaxe: USC.
Os paneis fotográficos coa figura de Concepción Arenal cubrirán a estatua de Montero Ríos durante todo o mes de marzo. Imaxe: USC.

Captura de pantalla 2018-03-02 12.56.41

Desde esta mañá, e ata final do mes de marzo, a figura de Concepción Arenal substituirá na Praza de Mazarelos á imaxe de Eugenio Montero Ríos. A actuación, que consta dunha instalación con paneis fotográficos, está impulsada pola Comisión de Igualdade da Facultade de Filosofía da USC.

Esta mañá celebrouse o acto de inauguración desta instalación. Acudiron, amais dun numeroso grupo de estudantes, o decano da Facultade de Filosofía, José Miguel Sagüillo; a vicedecana da Facultade de Filosofía, Nieves Herrero; a coordinadora da Comisión de Igualdade da Facultade de Filosofía, María Xosé Agra; e a coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, Eva Aguayo; e a concelleira de Igualdade de Santiago, Marta Lois.

Publicidade

O alumnado de Filosofía constatou a escasa presenza nos espazos públicos das cidades galegas

A idea xorde dunha serie de traballos realizados ao longo do curso polo alumnado de Filosofía, no que se constatou a escasa presenza de mulleres en lugares recoñecidos dos espazos das urbes galegas, “e máis aínda, de mulleres asociadas ao coñecemento”, segundo explicou a vicedecana da Facultade, Mª Nieves Herrero Pérez.

A catedrática María Xosé Agra explicou a elección de Concepción Arenal por representar “a forza dunha muller intelectual, cunha obra recoñecida internacionalmente, precursora do feminismo e que mesmo tivo que disfrazarse de home para estudar a carreira de Dereito”. “A historia intelectual das mulleres non está presente, non é recoñecida, e iso que compartimos todas xa o denunciaba Concepción Arenal na súa época”, dixo Agra.

Publicidade

“É un acto de reivindicación de espazos de recoñecemento de mulleres insignes”, manifestou a responsable da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, Eva Aguayo. Pola súa banda, a concelleira Marta Lois amosou a  “satisfacción que sentimos dende o Concello pudendo acompañar unha iniciativa que encaixa coa visión de construír a Compostela que é territorio de mulleres”.

Concepción Arenal, licenciouse en Dereito pola Universidade Central de Madrid, a onde tivo que acudir con identidade falsa e vestida con roupas de home. Exerceu tamén como xornalista e escritora, e foi pioneira do feminismo e na denuncia social, en asuntos como a situación das prisións de mulleres, a miseria nas casas de saúde ou a condición da muller no século XIX. Nalgunha das súas obras, como La mujer del porvenir, critica as teorías que defendían a inferioridade das mulleres baseada en razóns biolóxicas, e tamén defendeu o acceso das mulleres a todos os niveis educativos.

Tamén podes ler:

historias-gc/unha-galega-universal-concepcion-arenal/

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

21 científicas galegas que tes que coñecer

Non están todas as que son, pero aquí hai 21 científicas galegas que marcan o camiño da excelencia investigadora

O ‘efecto Tanxugueiras’, a estudo: “As reivindicacións das mulleres son máis serias que as dos homes”

A xornalista e filósofa Rebeca Baceiredo presentará en Texas a súa investigación sobre autorepresentación da identidade na música galega actual
00:58:19

Victoria Lareu: “O maior hándicap da muller no traballo é ser nai”

A catedrática de Medicina Legal da USC participa na terceira sesión do ciclo 'Ciencia en feminino'

En directo: Mabel Loza en Ciencia en Feminino

A catedrática de Farmocoloxía da USC Mabel Loza abre este xoves,...