Venres 29 Marzo 2024

O proxecto Enerwater, Premio Galicia á eficiencia enerxética

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) anunciou a concesión do premio Galicia Enerxía ao proxecto Enerwater, que coordina a USC. O galardón recoñece, entre outros, aos mellores proxectos de Eficiencia Enerxética, categoría na que foi premiado Enerwater.

Este proxecto, é unha ferramenta en liña para a avaliación e mellora da eficiencia enerxética das plantas de tratamento de augas residuais e arrancou en 2015. Está coordinado pola profesora Almudena Hospido, integrante do grupo Biotecnoloxía Ambiental da USC. Nel tamén participan universidades e empresas de Alemaña, Italia, Reino Unido e España.

Publicidade

O proxecto busca mellorar a eficiencia das plantas de tratamento de augas residuais

Neste senso, tal e como indican desde a USC, as plantas de tratamento de augas residuais representan máis do 1% do consumo de electricidade en Europa. É unha das maiores porcentaxes de uso de enerxía entre as industrias públicas. Unhas cifras que sinalan o punto de partida de Enerwater, que busca definir ferramentas de medición que cuantifiquen o consumo enerxético destas plantas e elaborar normas para comparar e, finalmente, optimizar o seu funcionamento.

Debido á antigüidade de moitas das instalacións europeas dedicadas ao tratamento de augas residuais, os integrantes do proxecto prevén unha importante redución do consumo enerxético. Deste xeito, as iniciativas a desenvolver entroncan coa actividade que desenvolve o grupo Biotecnoloxía Ambiental da USC en cuestións como a cuantificación e a redución das emisións directas e indirectas de gases de efectos invernadoiro en diversos sectores industriais.

O xurado dos premios estivo composto polo decano do ICOIIG, Oriol Sarmiento Díez; o secretario, Julio García Cordonié; o delegado de ICOIIG en A Coruña, Francisco Bello Morano; e o delegado en Santiago, Fernando Blanco Silva.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Eficiencia enerxética: a diana dos novos fogares

A Xunta triplica o orzamento destinado á rehabilitación en edificios de tipo residencial, co que prevé intervir sobre 6.800 vivendas

Escumas de  poliurea para mellorar a eficiencia enerxética

Unha empresa de Bande idea e  ensambla a súa propia maquinaria para proxectar poliuretanos e  poliureas con infinidade de aplicacións en construción

Unha proposta baseada na teoría de xogos cooperativos para mellorar a xestión enerxética

O investigador Javier B. Cabrera presenta na UVigo unha tese que analiza o consumo dos usuarios e posibles solucións de aforro e diminuír perdas de potencia

Científicos galegos preparan plásticos biodegradables a partir de biomasa

O grupo de Biotecnoloxía Ambiental da USC forma parte do proxecto Usable Packaging, que elabora estes produtos con materia orgánica