Unha explosión en Tui provoca un tremor no sur de Pontevedra

Un morto e ducias de feridos é o resultado do estourido dun almacén de pirotecnia na parroquia de Paramos, en Tui. Unha potente explosión produciuse sobre as 16.20 horas deste mércores nos arredores de Tui. Unha enorme columna de fume branco podía verse desde decenas de quilómetros á redonda. As testemuñas apuntan que o suceso se produciu nunha casa que almacenaba material pirotécnico en Paramos. Segundo declarou á Radio Galega José Font Moldes, director da Radio Municipal de Tui, os danos materiais son “tremendos”. Hai casas destruídas e producíronse incendios forestais nas zonas máis próximas.

A potencia da detonación deixouse sentir en todo o sur da provincia de Pontevedra. Hai testemuñas de tremores en municipios tan distantes como Pazos de Borbén ou Moaña. Mesmo no centro de Vigo, os veciños sentiron o ruído.

Con todo, fontes do Instituto Geográfico Nacional consultadas por GCiencia sinalan que os sismógrafos non rexistraron ningún sismo. Ao se tratar dunha explosión superficial, as ondas transmítense polo aire, polo que os aparellos non rexistran estes movementos.

Primeiro saíu unha bóla de fume branco seguida de varias columnas de ton máis escuro. Varios veciños foron evacuados e Policía e Bombeiros estableceron un cordón de seguridade.

 

 

 

 

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.