O bacharelato STEM, a debate no Día da Muller na Ciencia

O Concello de Pontevedra organiza esta nova xornada en liña con destacadas expertas que analizarán a baixa presenza da muller en estudos científicos

O foro de debate organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración con Gciencia, co gallo do Día da Muller e a Nena na Ciencia péchase hoxe, 11 de febreiro, ás 20 horas, cunha mesa redonda sobre o STEMbach en tempos da Covid.  O Bacharelato de excelencia en Ciencia e Tecnoloxía combate os estereotipos de xénero que retraen o interese das nenas  pola ciencia e a investigación e fomenta as vocacións científicas das mozas.

O debate será na rede e poderase seguir na rede en directo, a través das canles de Gciencia (Facebook, Youtube) e do Concello de Pontevedra.

Publicidade

Os tempos de pandemia, coas súas restricións, foron complicados para o desenvolvemento do STEMbach que inclúe na formación do seu alumnado un proxecto de investigación en colaboración coa Universidade e actividades extra-curriculares. Porén tamén puxo o foco sobre a importancia da investigación, do coñecemento e da ciencia cando hai que dar respostas de calado a emerxencias como a que vivimos, unha realidade da que as mulleres non poden quedar á marxe e que fai necesaria una reflexión como a que hoxe propomos  na mesa de debate na que participarán:

  • Esther Padín Vidal. Profesora de Matemáticas do IES A Xunqueira II e coordinadora do bacharelato STEM no centro. Colaboradora nas diferentes iniciativas de innovación relacionadas co ámbito STEM : Club de Ciencia, Espazos Maker, SEMGAL, o proxecto Erasmus+ ATS STEM.
  • Ángela Soto Lamas. Alumna de 1º de bacharelato STEM no IES A Xunqueira II. Investiga coa Facultade de Bioloxía da USC no proxecto “Análise bioinformático dun xenoma bacteriano”.
  • Natalia Caparrini, vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria da Universidade de Vigo. Doctora en Ciencias Xeolóxicas pola Universidade Politécnica de Madrid. Profesora na Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da UVigo e integrante do Grupo de investigación Xeotecnoloxías Aplicadas.
  • Rosa Campos Briones e Mercedes Renda Melón. Directora do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Pontevedra e axente de Igualdade do CIM, respectivamente

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

CellCOM, Centum e TraffikGene gañan os X Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Os galardóns, creados en 2015 para recoñecer a investigación universitaria e a transferencia, serán entregados o 4 de decembro no Pazo de San Roque de Santiago

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro