Xoves 25 Abril 2024

Elevan a vermellos os avisos na costa pola borrasca Justine o sábado

Haberá tamén avisos amarelos e laranxas por fortes choivas e refachos de vento por riba dos 80 km/h

Meteogalicia eleva ata o nivel vermello o aviso pola chegada da borrasca Justine, por fenómenos costeiros durante o sábado, mentres que haberá avisos amarelos e laranxas por fortes ventos e choiva xa dende este venres 29 de xaneiro.

Porque esta fin de semana chega ás costas galegas desde os Azores a borrasca Justine que, ademais de deixar abundantes choivas, tamén virá acompañada de fortes ventos no litoral.

Publicidade

Meteogalicia, sinala que estes ventos poden superar o venres pola noite os 80 quilómetros por hora no terzo norte de Galicia e zonas altas. Así, os refachos serán no litoral da Coruña de forza 8, o que se traducirá en “ondas a partir do sábado ao mediodía de ata 8 metros e co cal se vai alcanzar o aviso vermello”.

Deste xeito, o ceo estará cuberto con precipitacións, localmente treboentas. A cota de neve estará situada nos 1.400 metros, aumentando ó final do día. As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso. O vento soprará forte de compoñente oeste.

Previsión de avisos para o sábado publicada por Meteogalicia.

As choivas poden ser intensas na noite do venres ao sábado, sobre todo ao oeste e sur da Coruña e interior da provincia de Pontevedra. Así mesmo, estes territorios terán, a partir do venres, aviso amarelo.

De todos os xeitos, contra todo prognóstico previo, non se pode considerar finalmente a Justine como cicloxéne explosiva. Esta denominación, aínda que tende a xerar alarma, en realidade define unha borrasca que se forma moi rápidamente e que se fai menos predicible, pero non necesariamente ten por que ser máis perigosa que unha borrasca convencional.

A presenza deste ‘tren de borrascas’ é habitual nesta época do ano. Dende o ano 2015, tomouse a decisión de poñer nome a cada unha destas frontes cando levasen parellos avisos por riscos, o cal contribúe a alertar á poboación para poder previr desgrazas. Como consecuencia, tamén teñen moito máis impacto mediático, como acontece agora con Justine ou antes con Filomena.

Aquí podes consultar o boletín de avisos de Meteogalicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha crista subtropical disparará as temperaturas en Galicia ata os 30 graos

A semana comeza con intensas precipitacións provocadas pola borrasca Pierrick pero un cinto de altas presións producirá un cambio radical de tempo a partir do mércores

Un tren de borrascas regará Galicia durante toda a semana

As precipitacións de principios de abril virán acompañadas dun importante ascenso térmico a partir do mércores