Alerta amarela por fortes choivas no gráfico da AEMET.

Declarada a alerta amarela por fortes choivas en Pontevedra e A Coruña

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) declarou hoxe a alerta amarela por fortes choivas nas provincias de Pontevedra e A Coruña. As zonas afectadas son o Oeste e Suroeste coruñés, as Rías Baixas e os municipios do interior pontevedrés.

As previsións apuntan a precipitacións duns 40 mm nun prazo de 12 horas. Tamén se activaron alertas en Asturias e Cataluña.

Pola súa banda, Meteogalicia non activou alertas, aínda que as súas previsións coinciden con fortes precipitacións en Galicia nas vindeiras horas. Un embolsamento de aire frío en altura é o responsable desta situación de choivas, con moita inestabilidade cando menos ata o mércores. Ademais, os chubascos serán en ocasións de intensidade forte e poderán vir acompañados de aparato eléctrico e sarabia.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.