Pódcast | A ética, a tarefa pendente da intelixencia artificial

Os investigadores do CITIC Verónica Bolón e Carlos Gómez abordan no segundo episodio de O Descodificador a importancia de regular os sistemas intelixentes

Os modelos de intelixencia artificial están a revolucionar a informática, pero tamén a sociedade. O crecemento exponencial dos últimos anos e, sobre todo, dos últimos meses, trasladou o debate da academia á rúa. Sistemas tan avanzados como Chat GPT ofrecen tanta esperanza como medo. Como se deben usar? Hai algunha normativa que regule o plaxio, por exemplo? Que acontece coa propiedade intelectual? Estas e moitas outras preguntas resolvémolas no segundo episodio de O Descodificador, un pódcast de GCiencia en colaboración co CITIC. Neste capítulo, titulado A ética, a tarefa pendente da intelixencia artificial, falamos cos expertos Verónica Bolón e Carlos Gómez.

Os dous investigadores do CITIC avogan por unha regulación que protexa os dereitos das persoas pero que non free os avances en intelixencia artificial. Son conscientes de que atopar o equilibrio non é tan sinxelo como dicilo en voz alta. Piden, por tanto, que os algoritmos sexan máis robustos e que os sistemas sexan éticos e transparentes. De igual modo que os fármacos deben pasar por un exhaustivo control de calidade, tamén o deberían facer os modelos de intelixencia artificial, segundo reflexiona Bolón. Estas e outras ideas, no novo episodio de O Descodificador.

Publicidade


Episodio realizado por Laura Filloy

Edición: Carlos Tresandí

Publicidade


Escoita O Descodificador nas plataformas de pódcast: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Pódcast | O Shazam da música tradicional galega

A investigadora do CITIC Hilda Romero Velo mestura partituras, computación e bioloxía na súa tese para avanzar na investigación etnográfica musical

Por que todos os carteis feitos con IA son iguais?

A intelixencia artificial acelera a estandarización visual ao empregarse os mesmos 'prompts' e ferramentas. Por Iria María Santos López

Unha plataforma desenvolvida en Vigo abre novas vías para a rehabilitación da cognición social con IA

O proxecto ET-Plus, impulsado polo IIS Galicia Sur, personaliza o adestramento de habilidades en persoas con patoloxías mentais graves ou adiccións

O centro galego Gradiant deseña un sistema de IA para verificar contidos audiovisuais e prever fraudes

A plataforma, destinada a empresas e medios de comunicación, recibe un premio internacional no eido da ciberseguridade