Gráfico do Instituto Xeográfico Nacional co sismo en Triacastela.

Terremoto de 3,5 graos en Triacastela

Un movemento sísmico sacudiu esta madrugada a zona de Triacastela (Lugo) cunha magnitude de 3,5 graos na escala de Richter que se sentiu con diversa intensidade en varios municipios da provincia lucense. Segundo a información facilitada polo Instituto Xeográfico Nacional, ás 00,37 horas deste luns rexistrouse un terremoto de 3,5 graos con epicentro en Triacastela.

O movemento sísmico sentiuse en puntos de municipios como Becerreá, Sarria e Quiroga e con algo menos de intensidade tamén se deixou notar en zonas de Chantada, Lugo e Monforte de Lemos. Previamente, ás 23,41 horas do domingo rexistrouse outro terremoto con epicentro en Triacastela de 2,1 graos na escala de Richter, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional.

A baixa intensidade do sismo non tivo maiores consecuencias, agás que un veciño chamou ao teléfono de emerxencias 112 Galicia sobre as 1,00 horas. Posteriormente outro particular chamou tamén para indicar que notara un tremor, que posteriormente confirmou o Instituto Xeográfico Nacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.