Martes 19 Marzo 2024

Se queres gozar coas matemáticas tes que probar este xogo galego, Mathex

Profesores da USC e o ensino secundario desenvolven un proxecto que mestura estratexia, historia e resolución de problemas matemáticos

Profesores do departamento de Matemáticas da USC, coa colaboración de profesores de ensino secundario, acaban de poñer en marcha a versión de proba de Mathex, un xogo que ten por obxectivo achegar a ciencia a todo tipo de públicos combinando estratexia e coñecementos.

Como se xoga a Mathex?

Mathex está baseado nun taboleiro de hexágonos inspirado no xogo de mesa HEX, creado polos matemáticos John Nash e Piet Hein. Para avanzar no xogo hai que respostar correctamente a cuestións sobre matemáticas desde a perspectiva histórica, resolvendo problemas e abordando tamén a historia de mulleres científicas.

Publicidade

O obxectivo é completar un camiño de baldosas que conecten co lado oposto do taboleiro. Para ‘conquistar’ cada baldosa haberá que responder correctamente a pregunta no tempo establecido; en caso contrario non se avanzará. Gañará quen consiga que o seu avatar sexa o primeiro en completar o camiño entre os dous lados.

A profesora Elena Vázquez Abal presentou Mathex aos medios de comunicación. Foto: Servimav.
A profesora Elena Vázquez Abal presentou Mathex aos medios de comunicación. Foto: Servimav.

A versión beta, que en futuras edicións irá ampliando as preguntas e os idiomas, presenta cinco niveis de dificultade, incluíndo un especial para nenos e nenas de 7 a 10 anos. Polo de agora están activos os modos ‘Persoa contra persoa’ e ‘persoa contra máquina’, con máquinas con tres niveis de destreza. Proximamente poñerase en marcha o modo ‘en liña’ para xogar con opoñentes a distancia. Ademais, Mathex ten a vantaxe de que non ocupa espazo no dispositivo xa que non necesita instalación; xógase dende o navegador web da computadora ou da tablet.

Ferramenta para o profesorado

Os creadores de Mathex buscan ter a maior participación posible para mellorar a versión actual –para iso hai dispoñible un apartado de suxestións- e ir avanzando no programa definitivo, que agardan ter no mes de marzo. Tamén, como explica unha das súas creadoras, a profesora Elena Vázquez Abal, “temos a intención de que o xogo se poida usar nas aulas, onde o profesorado poderá incluír o seu propioconxunto de preguntas e xogar co alumnado da clase. Ademais, neste curso contamos con ter lista unha versión en galego”.

Os impulsores do proxecto son os docentes Elena Vázquez Abal, José Carlos Díaz Ramos, Víctor Sanmartín López e Esteban Calviño Louzao, membros do grupo de innovación docente  GrID-A/ XD da USC. Contaron tamén coa colaboración de CHOCOSOFT no desenvolvemento e programación do xogo e de ADUMBRO no deseño gráfico e dainterface.

MatHex, que conta con financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Podes xogar a Mathex nesta ligazón.

9 COMENTÁRIOS

    • Pois ata nunca. O xogo está en castelán. Seguro que se o xogo fose en inglés non dirías nin mú.
      As fobias son o que ten.

    • Si te hubieras molestado en ver el enlace, seguramente, con gran sorpresa, hubieras visto que el enlace (la ligazón) lleva a una página en castellano.

      Se te molestaches en ver a ligazón, seguramente, con moita sorpresa, terías visto que a ligazón leva a unha páxina en castelán.

  1. Para los que estais diciendo xogo subvencionado que so esta en castelan, además de no saber castelán (que no se llama castelán sino español), la subvencion es del ministerio de educacion y ciencia de ESPAÑA

    por otro lado hacer un software en idioma que, como bien dijo Unamuno, sirve “para hablar a las vacas” es condenarlo al ostracismo

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:03:09

As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas

O matemático Eduardo García Río ingresa na Academia de Ciencias 

O catedrático de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago incorpórase á sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación

A eternidade por fin comeza un luns

Artigo gañador da VI edición do IGFAE C3, o concurso de comunicación científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

PÓDCAST | A intelixencia artificial, o gran desafío do eido educativo

O investigador da UDC Francisco Bellas analiza no sexto episodio de O Descodificador o impacto do cambio tecnolóxico na educación