Físicos de Santiago participan no achado de tres novas partículas

Dúas novas partículas observadas e unha terceira que ten todos os números para confirmarse. É un novo e importante achado realizado no Gran Colidor de Hadróns (LHC, en inglés) ubicado en Xenebra (Suíza) e considerado o maior experimento do mundo. E científicos de Galicia están presentes neste importante avance no eido da Física. Porque investigadores do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, adscrito á Universidade de Santiago, forman parte do equipo que detectou dous novos barións e un posible tetraquark que supoñen un gran avance no mundo da física de partículas. A que revela a natureza da que está feita o Universo.

Os resultados recén publicados amosan a observación de dúas novas partículas que nunca se viron antes, ademais de apuntar a evidencia dunha terceira. As dúas novas partículas, preditas polo modelo de quark estándar, son barións, a mesma familia que os protóns utilizados nos experimentos de aceleración de partículas LHC.

Publicidade

Preto dunha vintena de traballadores galegos do CERN reuníronse para a visita de GCiencia diante do Globo da Ciencia e a Innovación. Foto: R. Pan.
Físicos galegos no CERN. Foto: GCiencia. R. Pan.

Os barións son a esencia do que se compón a maior parte do Universo , incluídos os protóns e os neutróns. Os protóns constan de dous quarks up e un quark down, mentres que os neutróns constan dun quark up e dous quarks down. Pero as dúas novas partículas descubertas teñen unha composición lixeiramente diferente. Estas partículas coñécense como barións inferiores e están relacionadas con catro partículas observadas previamente en Fermilab.

Sobre a terceira partícula, os investigadores pensan que podería ser un tipo estraño chamado tetraquark . Falamos dun tipo exótico de mesón, que normalmente ten dous quarks. Pero un tetraquark está composto de catro quarks, ou máis ben dous quarks e dous antiquarks, para ser máis precisos.

Publicidade

A evidencia observacional de tetraquarks foi bastante difícil de alcanzar ata a data. Por iso é tan importante esta observación, que se reflicte nos dous artigos publicados polo CERN de Xenebra e con participación galega. Entre os investigadores, atópase Bernardo Adeva, da Universidade de Santiago.

A clave pola que o achado non se pode dar por seguro está nas ‘desviacións estándar‘. Faltan evidencias para que os físicos teñan a certeza de que atoparon este tetraquark.

Aquí podes ler as reportaxes realizadas por GCiencia no noso ESPECIAL GALEGOS NO CERN

E aquí podes ler os dous artigos que sustancian estes descubrimentos:

Artigo sobre os barións

Artigo sobre o tetraquark

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia consolídase na elite da física mundial: “Queremos facer un descubrimento relevante”

O IGFAE participará na análise de datos de colisións e na mellora do 'software' do experimento do CERN para optimizar a detección de fenómenos pouco coñecidos

O IGFAE incorpórase ao experimento do CERN que observou o bosón de Higgs

O profesor Xabier Cid será o responsable da participación do Instituto nesta colaboración internacional que reúne máis de 6.000 persoas de case 60 países

Un equipo galego usa intelixencia artificial para afinar o grande experimento do CERN

Un novo algoritmo desenvolto na Universidade da Coruña analiza todas as partículas xeradas nas colisións para mellorar o estudo da materia fronte á antimateria

Pódcast | Os experimentos que marcarán o futuro da física

Escoita a conversación co investigador do IGFAE Néstor Armesto sobre o novo acelerador do CERN e o futuro Einstein Telescope