As concentracións de gases de efecto invernadoiro baten un novo récord

A Organización Meteorolóxica Mundial alerta do incremento nos niveis de CO2, que poñen en perigo o cumprimento do Acordo de París

A actividade humana emite grandes cantidades de gases de efecto invernadoiro á atmosfera.
A actividade humana emite grandes cantidades de gases de efecto invernadoiro á atmosfera.

Romper todos os récords podería ser unha noticia positiva. Mais non o é. As concentracións de gases de efecto invernadoiro bateron todas as marcas en 2020 e esa tendencia estase a manter en 2021. Polo menos, esas son as conclusións que se desprenden do último Boletín da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM). Ao parecer, a ralentización económica provocada pola pandemia non tivo consecuencias directas sobre os niveis de gases de efecto invernadoiro na atmosfera. En todo caso, só se produciu un descenso temporal das novas emisións.

Tal e como se recolle dende a Axencia Sinc, o dióxido de carbono (CO2) ten unha vida longa e, ademais, é o gas máis abundante de todos os que producen o efecto invernadoiro. Por iso se manterá o nivel de temperatura actual durante décadas, independentemente de que as emisións se reduzan. A maiores de todo isto está o quentamento global, que tamén dar lugar a fenómenos meteorolóxicos extremos máis frecuentes.

A absorción

Outro dos aspectos sobre os que advirte o boletín da OMM e da posibilidade de que os océanos e ecosistemas terrestres perdan eficacia na absorción de dióxido de carbono. Iso reduciría a súa capacidade á hora de actuar como reguladores da temperatura. A día de hoxe, son capaces de absorber a metade do CO2 que emiten as actividades humanas, mentres que o outro 50% queda na atmosfera.

O secretario xeral da OMM, Petteri Taalas, afirma o seguinte: “Estamos moi lonxe do camiño marcado”. “Se se mantén o actual rimo de aumento das concentracións de gases de efecto invernadoiro, o incremento da temperatura a finais deste século superará de lonxe o obxectivo establecido en virtude do Acordo de París de limitar o quentamento global a 1,5º ou 2ºC por encima dos niveis preindustriais”, declara o secretario xeral. Tamén asegura que este boletín da OMM lanza unha “mensaxe científica contundente”, sobre todo de cara ás negociacións ao abeiro da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático.

Outras circunstancias

Segundo o recollido pola Axencia Sinc, a Terra xa rexistrou concentracións de dióxido de carbono comparables ás actuais: foi hai entre tres e cinco millóns de anos. Porén, a valoración é ben distinta. Taalas asegura que naquela época a temperatura era de 2º a 3ºC máis cálida e o nivel do mar situábase entre os 10 e os 20 metros por enriba do actual. Pero había unha gran diferenza: “entón non había 7.800 millóns de persoas no planeta”.

Un dos chamamentos do secretario xeral da OMS é o de cristalizar as ambicións porque “non hai tempo que perder”. Segundo explica, hai países que xa están a fixar obxectivos que os leven á neutralidade das emisións de carbono e espérase que no 26º período de sesións da Conferencia das Partes (CP26) “se produza un aumento espectacular dos compromisos asumidos nese sentido”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.