Martes 19 Marzo 2024

Quen é quen nos galegos do CERN

Mar Capeans

Mar Capeáns Garrido (Santiago de Compostela, 1967).
Doutora en Física pola USC. Traballa no CERN desde 1992. Dirixe o grupo de Tecnoloxía de Detectores.

Eva DafonteEva Dafonte Pérez (Ourense, 1979).
Enxeñeira informática pola Universidade de Vigo. Subdirectora do servizo de Bases de Datos, que recolle toda a información xerada polos detectores.

Publicidade

Abraham Gallas

Abraham Gallas Torreira (Santiago de Compostela, 1971). Doutor en Física de Partículas e profesor da Facultade de Física da USC. Secretario Científico do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e membro do grupo que participa no experimento LHCb.

Pablo GarciaPablo García Tello (A Coruña). Doutor en Física pola Universidade do País Vasco. Xefe da sección de Novas Iniciativas e Proxectos Europeos.

Juan Carlos Perez
Juan Carlos Pérez Gómez
(Camposancos, 1962). Enxeñeiro de Electromecánica. Responsable do taller de I+D dos futuros imáns do LHC.

Francisco Javier PerezFrancisco Javier Pérez Gómez (Camposancos, 1964). Enxeñeiro técnico mecánico. Traballa no deseño e construción da estrutura dos detectores.

Fernando VarelaFernando Varela Rodríguez (Santiago de Compostela, 1974)
Doutor en Física pola USC. Traballa nos sistemas de control dos diferentes experimentos, homoxeneizando a linguaxe de cada un deles.

Cibrán Santamarina Ríos (Santiago de Compostela, 1972). Doutor Cibran Santamarinaen Física pola Universidade de Santiago e profesor na Facultade de Física da USC. Forma parte tamén do grupo de Física de Altas Enerxías e traballa no experimento LHCb.

Hugo GonzalezHugo González Labrador (Castro Caldelas, 1993). Enxeñeiro informático da Universidade de Vigo. Traballa no departamento de Tecnoloxías da Información, no servizo de Almacenamento.

Roberto ValverdeRoberto Valverde Cameselle (Ponteareas, 1984). Traballa no departamento de Tecnoloxías da Información, no servizo de Almacenamento.

Ana LameiroAna Lameiro Fernández (Gondomar, 1983). Traballa no departamento de Tecnoloxías da Información, no servizo de Bases de Datos.

José Ferradás Troitiño (Pontevedra, 1990). Enxeñeiro de Minas Jose Ferradaspola UVigo. Ademais do traballo no equipo de Juan Carlos Pérez, realiza o doutoramento en superconductividade aplicada na Universidade de Xenebra.

Salvador FerradasSalvador Ferradás Troitiño (Pontevedra, 1990). Enxeñeiro industrial pola UVigo. Traballa no equipo de Juan Carlos Pérez, realizando tarefas de supervisión eléctrica dos imáns que se están construíndo.


Lorena Lobato Pardavila
(Moaña, 1984). Enxeñeira informática Lorena Lobatopola Universidade de Oviedo. Traballa no departamento IT-CM. Despois de sete anos no CERN, continuará a súa carreira nos Estados Unidos.

Antonio Romero
Antonio Romero Vidal
(Cabo de Cruz, Boiro, 1979). Doutor en Física de Partículas pola USC. Traballa no experimento LHCb, co grupo de Física de Altas Enerxías da USC.

 

María Vieites Díaz (Ribadeo, 1991). Doutoranda en Física de Maria VieitesPartículas pola USC. Traballa no experimento LHCb, co grupo de Física de Altas Enerxías da USC, onde xa exerce tarefas de xestión e control da toma de datos do detector.

 

Beatriz Garcia

Beatriz García Plana (Oleiros, 1994). Doutoranda en Física de Partículas pola USC. Traballa no experimento LHCb, co grupo de Física de Altas Enerxías da USC.

 

Óscar Boente García (Ponteareas, 1994). Grao en Física pola USC. Oscar BoenteDoutorando en Física de Partículas. Traballa no experimento LHCb, co grupo de Física de Altas Enerxías da USC.

 

Manoel Barros


Manoel Barros Marín
(Redondela, 1978). Enxeñeiro en electrónica pola Universidade de Vigo. Traballa no grupo Beam Instrumentation Group, que diseña, constrúe e mantén os instrumentos que permiten ‘traducir’ a información xerada polos detectores.

Enrique Rodríguez Castro (Vigo, 1983). Enxeñeiro de Minas pola UVigo, especializado en enxeñaría de Enrique Rodriguezmateriais. Traballa no proxecto CLIC (Compact Lineal Collider), que contempla construír un acelerador lineal de partículas, deseñando algunhas das partes do acelerador.

1 comentario

  1. Sois nuestro orgullo; conozco las familias de varios y está claro que de casta le viene al galgo. Uno de vosotros es sobrino mío y coruñés
    Felices Fiestas y un cariñoso abrazo !

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O exdirector do CERN: “Somos tres partículas en distintas combinacións. Todo é física”

“O desafío actual é comunicar o que se está facendo”, afirma Rolf-Dieter Heuer, director do acelerador de partículas cando o descubrimento do bosón de Higgs

“A ciencia exoplanetaria axuda a comprender o excepcional que é a vida na Terra”

A astrofísica galega Minia Manteiga comparte cartel con Mariano Barbacid nun encontro no CERN de investigadores europeos

Un grupo de estudantes galegos gaña unha competición internacional do CERN

Os alumnos do clube vigués de física Enrico Fermi, vencedores xunto a un equipo de Exipto e outro francés, viaxarán en setembro ao acelerador de partículas

Dez anos do bosón de Higgs: “Foi unha ventá ao descoñecemento, queda case todo por descubrir”

O físico da USC Carlos Pajares rememora o “gran entusiasmo” provocado por un acontecemento do que foi testemuña directa