Un ceo feliz sobre Los Ángeles

Créditos da imaxe e copyright: Dave Jurasevich (Observatorio do Monte Wilson)
Créditos da imaxe e copyright: Dave Jurasevich (Observatorio do Monte Wilson)

Explicación: ás veces, o ceo parece sorrirlle ben á Terra. Neste día de 2008, visiblesobre o planeta, había unha pouco habitual superposición da nosa Lúa e os planetas Venus e Xúpiter. As imaxes tiradas no intre correcto amosan un cuarto crecente que semella ser un sorriso ao emparellarse coa conxunción planetaria dos aparentemente achegados Xúupiter e Venus. Nesta fotografía está a escena que aparecía desde o observatorio do Monte Wilson mirando desde arriba Los Ángeles, California (EUA) tralo solpor do 30 de novembro de 2008. No máis alto do ceo e máis afastado está o planeta Xúpiter. Moito máis preto e visible por baixo e á esquerda de Xúpiter está Venus, aparecendo ao través das nubes atmosféricas da Terra nun azul estraño. No extremo dereito, sobre o horizonte, está a nosa Lúa nunha fase crecente. As nubes finas alumeadas pola Lúa semellan estrañamente laranxas. Na parte inferior da imaxe espállanse os outeiros de Los Ángeles, moitos cubertos por unha tenue brétema, mentres que os rañaceos de LA poden ollarse no extremo esquerdo. Horas despois de tomar esta imaxe a Lúa achegouse ao afastado dúo, eclipsou brevemente a Venus, e despois seguiu movéndose. Esta semana está a ocorrer outra conxunción de Venus e Xúpiter e pode ollarse desde gran parte do planeta Terra cara o leste xusto antes do mencer.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman