Domingo 6 Outubro 2024

Orión en infravermellos desde o WISE

Orión en infravermellos desde o WISE
Créditos da imaxe: WISE, IRSA, NASA. Procesado e copyright: Francesco Antonucci.

Explicación: a Gran Nebulosa de Orión é un lugar intrigante. Visible a simple vista, aparece coma unha pequena mancha borrosa na constelación de Orión. Pero esta imaxe, un mosaico de catro paneis en cores ilusorias tiradas en bandas diferentes de luz infravermella co observatorio WISE que orbita a Terra, amosa a nebulosa de Orión coma unha veciñanza ateigada ou estrelas formadas recentemente, gas quente e po escuro. A potencia que está por tras de gran parte da nebulosa de Orión (M42) son as estrelas do cúmulo estelar do Trapezium, que se ven preto do centro da imaxe de amplo campo superior. O brillo laranxa que arrodea as estrelas brillantes fotografadas aquí é a súa propia luz estelar reflectida por intrincados filamentos de po que cobren moito da rexión. O actual complexo de nubes da Nebulosa de Orión, que inclúe a nebulosa Cabeza de Cabalo, esparexerase paseniñamente nos vindeiros 100.000 anos.
APOD galego en directo. Charla anual.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O tulipán no cisne

A constelación do Cisne corusca a uns 8.000 anos luz de distancia e con 70 anos luz de diámetro

O W de Cassiopeia

A estrela Shedar, alfa de Cassiopeia, aparece en cores amarelas-laranxas nesta constelación

David Bowie xa ten a súa constelación

Astrónomos belgas renderon homenaxe ao lendario músico David Bowie e puxéronlle...

A Cruz do Sur no ceo meridional

Explicación: algunha vez ollaches a Cruz do Sur? Esta famosa constelación...