A gran galaxia espiral NGC 1232

Créditos da imaxe: FORS, 8.2-meter VLT Antu, ESO
Créditos da imaxe: FORS, 8.2-meter VLT Antu, ESO

Explicación: as galaxias son fascinantes non só polo que se ve, tamén polo que non se ve. A gran espiral galáctica NGC 1232, captada polo miúto por un dos Telescopios Moi Grandes, é un bo exemplo. O visible está dominado por millóns de estrelas brillantes e po escuro, atrapado nun remuíño gravitacional de brazos espirais que xiran ao redor do centro. Os cúmulos abertos que conteñen brillantes estrelas azuis poden verse esparexidas ao longo destes brazos espirais, mentres que os corredores escurosde denso po interestelar poden verse espallados entre eles. Milleiros de millóns de estrelas normais e tenues xunto con enormes estensións de gas interestelar son menos visibles pero detectables, que no conxunto supón tanta masa que dominan a dinámica do interior da galaxia. As teorías máis actuais indican que aínda non se ven grandes moreas de materia, nun forma que aínda non coñecemos. En parte, esta materia escura ubicua postúlase para explicar os movementos da materia visible nas rexións máis externas das galaxias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027