Arp 286: trío en Virgo

Créditos da imaxe e copyright: CHART32 Team, Procesado – Johannes Schedler
Créditos da imaxe e copyright: CHART32 Team, Procesado – Johannes Schedler

Explicación: esta escena, unha destacada composición telescópica en amarelo e azul, amosa un trío de galaxias que interaccionan a case 90 millóns de anos luz de distancia, cara a constelación de Virgo. Á dereita, dúas estrelas picudas en primeiro plano da Vía Láctea, repiten as cores do trío galáctico, unha lembranza de que as estrelas da nosa propia galaxia son como as que hai nos afastados universos illa. NGC 5566, con brazos espirais estendidos e corredores de po escuro, é enorme, cuns 150.000 anos luz de distancia. Xusto por riba atópase a pequena e azul NGC 5569. Preto do centro, a terceira galaxia, NGC 5560, ten múltiples cores e aparentemente estírase e distorsiónase pola súa interacción con NGC 5566. O trío de galaxias tamén está incluído no Atlas de Galaxias Peculiares de Halton Arp do ano 1966 coma Arp 286. Por suposto, tales interaccións cósmicas son agora aprezadas coma unha parte cotiá da evolución das galaxias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que viu o telescopio Hubble o día que naciches? Descúbreo nesta ferramenta da NASA

A axencia espacial estadounidense actualiza a aplicación que permite consultar cinco imaxes en cada día do ano e compartilas en redes sociais

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos