A nebulosa Ollo de Gato

Créditos da imaxe: J. P. Harrington (U. Maryland) e K. J. Borkowski (NCSU) HST, NASA
Créditos da imaxe: J. P. Harrington (U. Maryland) e K. J. Borkowski (NCSU) HST, NASA

Explicación: a tres milleiros de anos luz de distancia, unha estrela moribunda expulsa capas de gas brillante. Esta imaxe do Telescopio Espacial Hubble desvela á nebulosa Ollo de Gato coma unha das máis complexas nebulosas planetarias coñecidas. De feito, as características olladas no Ollo de Gato son tan complexas que os astrónomos sospeitan que o obxecto central brillante pode ser realmente un sistema estelar binario. O termo nebulosa planetaria, empregado para describir esta clase xeral de obxectos, resulta confuso. Aínda que estes obxectos poden parecer redondos e semellantes a planetas con telescopios pequenos, as imaxes de alta resolución as desvelan coma estrelas arrodeadas por casulos de gas inchados nos últimos estadios de evolución estelar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo